Denís Conles Tizado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Denís Conles Tizado
Nacemento7 de xaneiro de 1932
 Buenos Aires
Falecemento27 de outubro de 2003
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Denís Conles Tizado, nado en Buenos Aires o 7 de xaneiro de 1932 e finado o 27 de outubro de 2003, foi un político galeguista da Arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Jesús Celestino Conles, nado en Conles (Moraña) e emigrado a Arxentina. Non finalizou a educación secundaria porque estaba orientada ao comercio. Integrouse nas Mocedades Galeguistas en 1953, das que chegou a ser secretario xeral en 1955 e director do seu voceiro Adiante. Comezou a traballar no Banco Provincia de Córdoba e trasladouse a Córdoba. Nos anos setenta formou parte da Frente de Izquierda Popular (FIP), dirixida por Jorge Abelardo Ramos. Co golpe de Estado do 24 de marzo de 1976 que deu ligar ao chamado Proceso de Reorganización Nacional, foi detido e secuestrado. Estivo detido un mes no Cabido de Córdoba, o centro clandestino de detención D2. Despois trasladárono ao penal de Sierra Chica onde foi legalizado. Puido saír da prisión en marzo de 1997. A comezos dos oitenta encargouse da redacción e diagramación da revista do Colexio de Farmacéuticos de Córdoba, e foi redactor nunha axencia de publicidade. Finalmente, grazas ás presións dos sindicatos, foi reincorporado e volveu traballar no banco.

Colaborou en diferentes xornais, fixo programas de radio, redactou varios prólogos e en 2001 escribiu o libro Juan Bautista Bustos-Provincia e Nación sobre a vida dun gobernador cordobés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]