Adama Diomandé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adama Diomandé
Adama Diomande.jpg
Diomandé xogando co Skeid en 2010
Información persoal
Nome completo Valentin Adama Diomandé
Nacemento 14 de febreiro de 1990
Lugar Oslo,
Altura 1.80 m[1]
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Los Angeles F.C
Carreira xuvenil
–2006 Vålerenga
2006–2007 Lyn
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2010 Lyn 3 (0)
2010 Skeid 12 (8)
2010–2011 Hødd 38 (18)
2012–2013 Strømsgodset 46 (15)
2014 Dinamo Minsk 23 (3)
2015 Stabæk 21 (17)
2015– Hull City 20 (4)
Selección nacional
2013 Noruega sub-23 1 (0)
2015– Noruega 7 (1)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 22 de outubro de 2016 (UTC)
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 25 de setembro de 2016 (UTC)

Valentin Adama "Dio" Diomandé , nado en Oslo o 14 de febreiro de 1990, é un futbolista noruegués que xoga como dianteiro para o Hull City da Premier League.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diomandé naceu en Noruega de pais marfileses, como xuvenil xogou para o Holmlia, Vålerenga mais o Lyn. Estudou no instituto para deportistas Norges Toppidrettsgymnas, e logo tamén ciencia deportiva no Instituto Ulsrud.

Sénior[editar | editar a fonte]

Diomandé fixo o seu début sénior o 19 de outubro de 2008 contra o Hamarkameratene, como substituto no minuto 86. Xogou un encontro máis en 2008 e outro máis en 2009.[1] Na tempada 2012 entrou no Skeid. O 26 de marzo de 2015, Diomandé firmou por dous anos e medio co Stabæk.[2] E o 1 de setembro de 2015 pasou á liga inglesa ao fichar co Hull City da segunda división.[3] Por mor dunha lesión non fixo a súa estrea ata o 12 de decembro substituíndo no minuto 77 a Chuba Akpom, nunha vitoria por 1 a 0 contra do Bolton Wanderers.[4] Diomandé fixo a súa estrea na Premier League o 13 de agosto de 2016, marcando un gol nunha derrota contra o Leicester City.[5]

Carreira internacional[editar | editar a fonte]

A Diomandé convocárono por primeira volta para a selección absoluta norueguesa en xuño 2015, debutando o 12 dese mes como substituto de Joshua King no minuto 79 nun partido de clasificación para a Eurocopa de 2016 contra Azerbaixán.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Adama Diomande". LynFotball.net. 
  2. "Diomande klar for Stabæk". stabak.no. 26 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  3. "Deadline Day: Tigers Sign Norwegian Striker Adama Diomande". hullcitytigers.com. 1 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  4. "Hull 1–0 Bolton". BBC. 12 de decembro de 2015. 
  5. "Hull City 2–1 Leicester City". BBC. 13 de agosto de 2016.