Adalia decempunctata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Adalia decempunctata

Adalia decempunctata. Forma typica

Larva de Adalia decempunctata
Larva de Adalia decempunctata

Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Infraorde: Cucujiformia
Familia: Coccinellidae
Xénero: Adalia
Especie: Adalia decempunctata
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia[1]
  • Adalia (Adalia) decempunctata (Linnaeus, 1758)
  • Coccinella decempunctata Linnaeus, 1758
  • Coccinella decempustulata Linnaeus, 1758
  • Coccinella guttatopunctata Linnaeus, 1758
  • Coccinella bimaculata Pontoppidan, 1763
  • Coccinella quadripunctata Linnaeus, 1767
  • Coccinella sexpunctata Linnaeus, 1767
  • Coccinella tredecimmaculata Forster, 1771
  • Coccinella octopunctata Fabricius, 1775
  • Coccinella pantherina DeGeer, 1775
  • Coccinella didyma O.F. Müller, 1776
  • Coccinella austriaca Schrank, 1777
  • Coccinella flava Goeze, 1777
  • Coccinella variabilis Fabricius, 1777
  • Coccinella subpunctata Schrank, 1781
  • Coccinella bipustulata Herbst, 1783
  • Coccinella humeralis Schaller, 1783
  • Coccinella marginata Thunberg, 1784
  • Coccinella tredecimnotata Thunberg, 1784
  • Coccinella bimaculosa Herbst, 1786
  • Coccinella biguttata Fabricius, 1787
  • Coccinella limbata Gmelin, 1790
  • Coccinella lunigera Brahm, 1790
  • Coccinella mutabilis Gmelin, 1790
  • Coccinella thunbergi Gmelin, 1790
  • Coccinella ulmi Olivier, 1791
  • Coccinella unifasciata Scriba, 1791
  • Coccinella varians Olivier, 1791
  • Coccinella lutea Rossi, 1794
  • Coccinella marginella Thunberg, 1795
  • Coccinella sexmaculata Thunberg, 1795
  • Coccinella similata Thunberg, 1795
  • Coccinella tricuspis Thunberg, 1795
  • Coccinella lunularis Marsham, 1802
  • Coccinella marginepunctata Marsham, 1802
  • Coccinella curvipustulata Haworth, 1812
  • Coccinella lunaepustulata Haworth, 1812
  • Coccinella clathrata Schaufuss, 1862

Adalia decempunctata, a maruxiña de dez pintas, é un coleóptero carnívoro da familia Coccinellidae.

Esta foi unha das moitas especies descritas orixinalmente por Carl Linné na súa obra do século XVIII Systema Naturae, co nome orixinal de Coccinella decempunctata.[2] O seu nome específico en latín, decempunctata significa 'de dez pintas', aínda que o seu número de pintas é variable.[3]

Variedades[editar | editar a fonte]

As variedades (varietas) inclúen:[4]

  • Adalia decempunctata var. lutea (Rossi)
  • Adalia decempunctata var. quattuorpunctata (Linnaeus)
  • Adalia decempunctata var. octopunctata Müller
  • Adalia decempunctata var. lateripunctata Gradl.
  • Adalia decempunctata var. humeralis Schaller
  • Adalia decempunctata var. guttatopunctata (Linnaeus)
  • Adalia decempunctata var. decempustulata (Linnaeus)
  • Adalia decempunctata var. bipustulata Herbst

Distribución[editar | editar a fonte]

Adalia decempunctata é unha especie paleártica común que se atopa en Europa, Norte de África, Rusia europea, o Cáucaso, Siberia, Belarús, Ucraína, Moldavia, Transcaucasia e Asia occidental.[1][5][6]

Descrición[editar | editar a fonte]

Adalia decempunctata pode acadar unha lonxitude corporal duns 3,5-5 mm. Esta especie é moi variable. Pode ter unha cor de fondo vermella, laranxa ou marrón e entre 0 e 12 pintas escuras elitrais, aínda que en casos raros se atoparon exemplares con máis pintas, ata 15. Teñen un corpo glabro cunha forma case redonda. As patas e antenas son xeralmente marróns ou laranxas.[7] A especie inclúe oito varietas, con tres formas básicas. As formas claras presentan de 5 a 7 pintas negras no pronoto e varias pintas negras nos élitros laranxa-vermellos. A forma escura é principalmente negra ou marrón, e o pronoto ten unha beira clara polos lados e a parte frontal. A forma mixta ten cor negra ou marrón nos élitros, cada un con cinco pintas laranxas ou vermellas. Ás veces estas maruxiñas non teñen pintas en absoluto.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Aparece en bosques de frondosas do oeste de Europa, bosques caducos do leste, bosques mixtos sarmáticos e nos límites de bosques, e en parques e xardíns, páramos e nos biótopos da estepa eurasiática e estepa de Pannonia. Atópase en arbustos e árbores caducas, sobre herbas, baixo cascas de árbores, en musgos que crecen sobre árbores, en follas caídas, en matos, no cronoxilo e en solos aluviais.[8]

A especie aliméntase de áfidos sobre árbores e arbustos.[9] Os adultos pasan o inverno entre follas caídas e outros restos.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Fauna Europaea
  2. Linnaeus, C. (1758). Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. (en latín). Holmiae. (Laurentii Salvii). 
  3. Simpson, D. P. (1979). Cassell's Latin Dictionary (5ª ed.). Londres: Cassell Ltd. ISBN 0-304-52257-0. 
  4. Biolib
  5. N. B. Nikitsky and A. S. Ukrainsky, 2016 The Ladybird Beetles (Coleoptera, Coccinellidae) of Moscow Province ISSN 0013-8738, Entomological Review, 2016, Vol. 96, No. 6, pp. 710–735 ISSN 0013-8738 online pdf
  6. GBIF
  7. Watford Coleoptera Group
  8. Koch, K., Die Käfer Mitteleuropas, Ökologie. Vol. 2 (Goecke und Evers Verlag, Krefeld, 1989).
  9. Savoiskaya, G. I., Coccinellid Larvae (Coleoptera, Coccinellidae) of the Fauna of the USSR (Nauka, Leningrad Branch, Leningrad, 1983) (Keys to the Fauna of the USSR, Published by the Zoological Institute of the Academy of Sciences of the USSR, No. 137) [en ruso].



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.