Per Alström
Per Alström | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1961 e 1961 |
Lugar de nacemento | Suecia |
Nacionalidade | Suecia |
Alma máter | Universidade de Uppsala |
Ocupación | biólogo evolutivo, ornitólogo e profesor universitario |
Na rede | |
http://www.slu.se/per-alstrom | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Per Johan Alström, nado o 9 de abril de 1961 é un zoólogo e profesor sueco dedicado ás investigacións en sistemática evolutiva.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Per Alström estudou medicina e bioloxía na Universidade de Gotemburgo. En 2002 acadou o seu título de doutor cunha tese sobre a sistemática dalgúns paseriformes na Universidade de Uppsala.
Alström traballou no Museo Sueco de Historia Natural, e foi profesor visitante na Academia Chinesa de Ciencias. Actualmente traballa na Universidade de Uppsala, no departamento de ecoloxía e evolución (ecoloxía animal), ao tempo que desempeña tamén o seu labor no banco de datos (Artdatabanken) na Universidade Sueca de Ciencias Agrícolas.
As súas investigacións en taxonomía, sistemática e evolución constitúen un traballo, a tempo parcial, con paxaros de Asia.
Alström é o presidente da Comisión sueca para os nomes de animais, e membro sueco da Global Taxonomy Initiative.
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura Alström emprégase para recoñecer a Per Alström como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alström, P.; Mild, K. & Zetterström, B. (2003): Pipits and Wagtails of Europe, Asia and North America. Londres: Christopher Helm/A&C Black.
- Alström, Per, Colston, Peter & Lewington, I. (1991): Field Guide to the Rare Birds of Britain and Europe. Londres: Harper/Collins. ISBN 978-0-0021-9917-9.
- Per Alström en Artdatabanken (en sueco).