Folosa grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Acrocephalus arundinaceus»)
Folosa grande
Acrocephalus arundinaceus

Adulto


Son da folosa grande.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Sylvioidea
Familia: Acrocephalidae
Xénero: Acrocephalus
Especie: A. arundinaceus
Nome binomial
Acrocephalus arundinaceus
(Linnaeus, 1758)

A folosa grande,[2][3] ou fulepa grande,[4] (Acrocephalus arundinaceus) é unha ave paseriforme da familia dos acrocefálidos (Acrocephalidae), pertencente ao xénero Acrocephalus.

Descrición[editar | editar a fonte]

O corpo mide uns 19 cm e ten unha envergadura de ás é de 28 cm, o que a converte na meirande das folosas europeas. Pesa entre 25 e 36 gramos. A parte superior do seu corpo é castaña, a inferior de cor branca tirando a amarela. A gorxa é branca e ten unha banda branca característica sobre dos ollos. O peteiro é forte. Machos e femias comparten a mesma coloración.

Distribución xeográfica e hábitat[editar | editar a fonte]

Vive en case toda Europa entre abril e setembro, en Asia ten unha distribución ampla, chegando a China e Corea. Os exemplares europeos pasan o inverno en África tropical e do sur. Fan a emigración en grandes etapas, interrompidas por pausas longas, que poden durar semanas, nas que procura recupera-las súas reservas de graxa para poder segui-lo seu camiño.

Vive nos canavais e entre as plantas das ribeiras de lagos, estanques, ríos e pantanos.

Alimentación e reprodución[editar | editar a fonte]

Niño da Folosa grande
Cuculus canorus canorus + Acrocephalus arundinaceus

Chouta e agatuña con axilidade entre as canas para alimentarse de arañas, insectos e larvas, cágados e bagas. Maduran sexualmente ó ano de vida. A época reprodutora en Europa ten o seu cumio entre maio e xullo. Fai un niño de herbas e xuncos con xeito de cunca que agochado entre as plantas acuáticas suxeito a tres ou catro canas e pendurando sobre da auga. A femia pon de 4 a 6 ovos que son chocados entre 12 e 14 días. Os seus niños son paras con frecuencia polos cucos.

Sistemática[editar | editar a fonte]

Recoñécense dúas subespecies:

As vellas subespecies A. a. griseldis de Iraq, e A. a. orientalis de Sinkiang e leste de Mongolia, conca inferior do río Amur e do Xapón son consideradas agora dúas especies separadas: Acrocephalus griseldis e Acrocephalus orientalis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Acrocephalus arundinaceus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016. 
  3. "Folosa". Dicionario de galego. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016. 
  4. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]