Achyrocline satureioides
Achyrocline saturejoides | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Achyrocline satureoides | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Achyrocline saturejoides' (Lam.) DC. 1838 |
A Achyrocline saturejoides é unha especie pertencente á familia das asteráceas utilizada como planta medicinal. En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]É un arbusto ou sub-arbusto perenne que alcanza ao redor dun metro de altura. Talos ascendentes ou decumbentes con indumento lanoso denso. Follas lineares, linear-lanceoladas, estreitamente lanceoladas ou estreitamente oblanceoladas, concoloras, con pubescencia lanosa densa. Capítulos con 4-8 flores, 1-3 hermafroditas e 3-6 femininas. Involucro de 9-14 filarias amarelas ou amarelo-avermelladas, con pubescencia lanosa. Aquenios anchamente elipsoidais, con papilas pequenas. Papos máis longos que a corola.[2]
Distribución
[editar | editar a fonte]Distribúese en Suramérica nos seguintes países: Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Paraguai, Perú e Uruguai.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Achyrocline saturejoides foi descrita por (Lam.) DC. e publicada en Prodromus Systematis Naturalis Regni Vegetabilis 6: 220. 1837[1838].[4]
- Achyrocline vargasiana
- Gnaphalium saturejoides Lam. basónimo 1786[5]
- Achyrocline candicans (Kunth) DC.
- Gnaphalium candicans Kunth
- Gnaphalium rufum Willd. ex Less.
- Gnaphalium saturejaefolium Poepp. ex DC.[6]
Ortografía
[editar | editar a fonte]Orixinalmente publicada como satureioides. Corrixiuse a saturejoides de acordo ao artigo 60.6 ex. 15 do ICN que estipula que un epíteto de orixe do latín (non grego) un "i" entre dúas vogais débese tratar como unha semivogal e debe ser corrixida a un "j".[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
- ↑ Giangualini, R.N. (1976). "Las especies argentinas del género Achyrocline (Compositae)" 20 (3): 549–576.
- ↑ "Achyrocline saturejoides (Lam.) DC." (en inglés). 2022. Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 "Achyrocline saturejoides (Lam.) DC." (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ [Ligazón morta]
- ↑ Achyrocline satureioides en PlantList
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Achyrocline satureioides |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Toursaskiassian, M. 1980. Plantas Medicinales de la Argentina. Ed. Hemisferio Sur. Buenos Aires. p. 25