Aceite de argán
O aceite de argán ou óleo de argán é un aceite producido coas sementes da árbore do argán (Argania spinosa), endémica de Marrocos, que é moi resistente á seca. É unha especie en perigo de extinción e está protexida pola UNESCO.[1] Esta árbore medra brava en solos semiáridos.[2]
Óleo[editar | editar a fonte]
O aceite do argán é a base fundamental da cultura dos bérberes. Cultivárono e aplicárono tanto na súa alimentación como na súa pel e cabelos, dende hai séculos. As mulleres bérberes, producen o aceite de argán para as necesidades alimentarias da poboación local, mais tamén no uso tradicional de atención pola súa pel e o cabelo.[3]
Os bérberes tiraban as sementes do argán dos excrementos das cabuxas, que rubían polas árbores e comían os froitos. Hoxe en día xa non se apañan así, senón directamente das árbores. O aceite obtense esmagando (O rendemento de óleo é do 43% das carabuñas) e tamén con solventes en caso de uso industrial.[4]
Tómase esparexido no pan, para preparar cuscús, ensaladas etc. Hai cooperativas só de mulleres bérberes que producen o óleo de argán.
Propiedades e beneficios na cosmética[editar | editar a fonte]
O aceite de argán é rico en ingredientes naturais que desempeñan un papel na renovación e rexeneración celular. Na farmacopea tradicional marroquí , o aceite de argán adóptase para os tratamentos corporais para combater os estragos da idade e o clima: funciona perfectamente nas engurras e sequidade da pel, reduce as pegadas visíbeis deixadas polos grans do acne, secuelas da varicela, e outras lesións da pel ou irritacións de ditas marcas de estrías. Tamén en queimaduras e gretas, eccemas, psoríase ou calquera alteración que garde relación coa pel. Emprégase tamén para o coidado do coiro cabeludo tornando o brillo ao cabelo, iluminándoo de novo a través da súa alta capacidade nutricional e fortalece as unllas crebadizas. Por último, o aceite de argán alivia a dor nos artellamentos sendo moi popular para as masaxes corporais.[5]
Propiedades[editar | editar a fonte]
Principios activos: Ácido oleico (45%), ácido linoleico (35%). O insaponificábel do óleo contén alcois triterpénicos e esterois derivados do cicloartano. As tortas conteñen saponósidos, bidesmósidos de ácidos polihidroxilados das series do oleanano.[6]
Indicacións: O óleo obtense das sementes.
Outros usos: O froito tense usado tradicionalmente na alimentación do gado. O óleo emprégase na cosmética do xeito descrito anteriormente.[6]
Composición[editar | editar a fonte]
O ácido linoleico (poliinsaturado): 35% O ácido oleico (monoinsaturado): 45% Tocoferois: 62 mg. / 100 g. Polifenois: 5,6 mg. / 100 g. Caroteno: 300 mg. / 100 g. Esterois: 160 mg. / 100 g. Terpeno alcohois: 150 mg. / 100 g.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Biosphere Reserve Information". UNESCO. Consultado o 2007-10-11.
- ↑ "Morocco: Argan trees". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2009. Consultado o 17 de febreiro de 2013.
- ↑ "روغن آرگان و روش مصرف آن برای بهبود موی شما". Malak Bio (en persa). 2018-12-29. Consultado o 2021-11-09.
- ↑ سلوکی, الهه (2021-05-11). "روغن آرگان چیست؟ | یک داروخانه مجهز با درمان فوری!". Malak Bio (en persa). Consultado o 2021-11-09.
- ↑ "مجله آنلاین". Malak Bio (en persa). Consultado o 2021-11-09.
- ↑ 6,0 6,1 "Argania spinosa". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 27 de outubro de 2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Rachida Nouaim: L'arganier au Maroc: entre mythes et réalités. Une civilisation née d'un arbre, une espèce fruitière-forestière à usages multiples. París, L'Harmattan (2005) ISBN 2-7475-8453-4