Academia Platónica de Florencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Academia Platónica de Florencia
Villa di Careggi, a segunda sé da Academia despois da Villa le Fontanelle, máis cativa
Fundador(es)Gemisto Pletão
Nomeado en referencia aAcademia de Atenas
PaísRepública de Florencia
editar datos en Wikidata ]

A Academia Platónica de Florencia (en italiano, Accademia Platonica di Firenze) foi un grupo de discusión informal[1][2] que se formou, en 1462, ao redor de Marsilio Ficino na Florencia no Renacemento do século XVI,[3][4] baixo o patronado de Cosme de Médici. Nos primeiros momentos, ocupouse a Villa le Fontanelle e, posteriormente, ampliouse á máis coñecida Vila Médici de Careggi.

No seus comezos, non era máis que un xeito de tertulia de amigos e eruditos reunidos pola familia Médici que debatían de temas literarios e traducían textos clásicos mais, posteriormente, foi imitada por moitas cidades de Italia e por diversas nacións europeas.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1432, Cosme de Medici, un comerciante que encabezada a familia máis importante de Florencia renacentista accedeu ao poder da República. A seguir, estableceu un mecenado nas artes que foi fundamental no establecemento do Renacemento. Contra o 1462, Cosme de Medici, pouco antes de morrer estableceu a un mozo Marsilio Ficino en Montevecchio e despois, en 1463, lle cedeu a súa propia Villa de Careggi na campiña florentina[4][5] para que Ficino establecese a súa Academia[6][7] en honor da Academia establecida por Platon no 387 a. C.

Alí Ficino, quen era un ardente neoplatónico, adicouse a estudar a Grecia antiga e a traballar traducindo os libros de Platón ó latín .[5]

Comezou comentanto o Banquete de Platón (De amore, 1469), e escribiu unha teoloxía platónica en oposición ós aristotélicos (1482), traduciu o resto das obras de Platón ao latín (1484) e a Plotino (1486); e tamén as de Porfirio, Jámblico, Dionisio o Areópago e Hermes Trismegistus.[6]

A Academia[editar | editar a fonte]

Ficino converteuse na figura central dun conxunto de persoas interesadas no seu traballo, que tanto se escribían como se reunían para discusións intelectuais sobre as obras de Platón ben en Montevecchio ben en Careggi [8] ou, mesmo, na propia Florencia.[9] Porén, nunca foi un grupo organizado, nin tiveron estatutos nin se gardaron rexistros de pertenza[4][8] e, tampouco existen probas, na época, de que fose coñecida propiamente como unha "Academia Platónica".[10]

Segundo algúns relatos, o grupo continuou reuníndose, despois da morte de Ficino en 1499, manténdose ao redor de Francesco Cattani da Diacceto. As reunións xa non tiñan lugar en Careggi, senón nos Orti Oricellari, os xardíns do Palazzo Rucellai, postos a súa disposición por Bernardo Rucellai.[4] O grupo foi disolto en 1522 como consecuencia do complot para asasinar a Xulio de Medici.[4] Outros relatos dan unha data anterior de 1492–1494 para a disolución do grupo, o que suxire que as reunións dos Orti Oricellari non estaban directamente relacionadas, aínda que moitas das mesmas persoas participaron nelas.[11]

Pico della Mirandola, o máis novo dos integrantes.

Integrantes[editar | editar a fonte]

Arnaldo della Torre identificou a unhas cen persoas como participantes do grupo, entre elas:[12]

Entre os que Ficino declarou especificamente que nunca estiveran entre os seus auditores («oíntes») están Benedetto Accolti, Leon Battista Alberti (o grandioso arquitecto renacentista), Cristoforo Landino (o máis vello do grupo, profesor universitario de retórica; foi o tradutor de Plinio o Vello), Angelo Poliziano (humanista, profesor e poeta renacentista italiano), Pierleone da Spoleto e Pico della Mirandola,[9] era o máis novo do grupo, filósofo e teólogo, falaba a maior parte das linguas coñecidas.

Relevancia[editar | editar a fonte]

Estas reunións de amigos como as organizadas por Ficino en Florencia, ou Pomponio Laeto en Roma, ou Pontano en Nápoles e a correspondencia epistolar e as relacións con outros persoeiros como Erasmo de Rotterdam serviron para dar un sentido de unidade ao humanismo[13] que estaba a xermolar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Burke (1993), p. 80
  2. Hale (2016), p. 139
  3. Cronin (1992)
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Accademia platonica fiorentina". treccani.it (en italiano). 2009. Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 Hibbert (1979), p. 69
  6. 6,0 6,1 Magnard, Pierre (12 de febreiro de 2012). "Marsile Ficin et l’académie platonicienne de Florence". canalacademies.com (en francés). Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 
  7. Della Torre (1902), p. IX
  8. 8,0 8,1 Hankins (1991), p. 431
  9. 9,0 9,1 Hankins (1991), p. 458
  10. Hankins (1991), p. 430
  11. Gilbert (1949), p. 20
  12. Della Torre (1902), p. 27
  13. Hale (2016), p. 298

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]