O banquete
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
| O banquete | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Lingua
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Autor/a
| |||||||
| Temática | |||||||
|
Personaxes
| |||||||
| Publicación | |||||||
|
Parte da serie
| |||||||
|
Edicións
(século IV a. C.) Symposion (Plato) (en)
(1991) Le Banquet (tr. Chambry) (en) (1929) Q109598433 (1928) El banquete (tr. Roid de Lluis) (en) (1909) Biesiada (tr. Okołów) (en) (1908) Pir (tr. Gorodetsky) (en) (1898) Biesiada (trad. Biela) (en) (1892) Le Banquet (tr. Dacier&Grou) (en) (1871) Q115740079 (1871) Symposium (tr. Jowett) (en) (1863) Pir (tr. Karpov) (en) (1823) Le Banquet (tr. cousin) (en) | |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||

O banquete, ou O simposio, é unha obra do filósofo Platón. O diálogo pertence ao período de madurez (385-370 a.C.) de Platón. Neste período consolidase a liña iniciada no anterior período (período de transición) e escribe as obras máis representativas do seu pensamento: Fedón, A República e Fedro. Nel atópanse os principais mitos platónicos, a Teoría das Ideas e as bases da epistemoloxía, a ética e a política.
Estrutura e argumento
[editar | editar a fonte]Este escrito está redactado, como a maioría, en forma de diálogo. A obra divídese en tres partes: os cinco primeiros discursos, a exposición de Sócrates e a descrición final que fai Alcibiades.
A temática que aborda o Banquete é a de Eros, o Amor. O libro relata os diálogos que sobre o Amor se expuxeron nun banquete na casa de Agatón. Apolodoro é o que conta como ocorreu todo, segundo lle dixo Aristodemo.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Os primeiros discursos
[editar | editar a fonte]A trama ábrese coa narración de Apolodoro sobre un banquete que se realizou na casa de Agatón, e no cal se falou do amor.
Primeiramente fala Fedro, quen expón que o Amor é un Deus e é o máis eficaz para alcanzar a virtude e a felicidade, tamén di que se un namorado é descuberto facendo certas cousas malas sofre máis se quen o descubriu é o seu amado en lugar doutra persoa.
Seguidamente o comentario de Pausanias troca o carácter retórico de Fedro nunha especulación filosófica, a existencia da Afrodita celeste e da Afrodita popular fan posible que tamén existan dous amores, un é o amor vulgar que se afoga na sensualidade e que convén esquecer, outro e un amor fermoso que se basea na alma. En tal sentido, se a intención amorosa é espiritual e tendente ao desenvolvemento moral do individuo, calquera acción homosexual será positivamente considerada.
Logo, o médico Erixímaco completa o anterior discurso pero deixa de lado a consideración puramente sexual, di que o amor proxecta o seu poder no campo humano e no campo divino. Amosa a natureza especificamente cósmica de Eros como forza imperante na natureza e defíneo como a realización da harmonía dos contrarios. Fala do estado san do corpo e do estado enfermo, os cales se explican segundo os dous amores diferenciados por Pausanias.
O seguinte en intervir é Aristófanes que comeza dicindo o gran poder que ten o Amor. Segundo o mito do andróxino antigamente o home tiña dous corpos con catro brazos, dúas cabezas, posuían os xéneros: masculino-feminino, masculino-masculino, feminino-feminino; Zeus dividiunos en dous, polo que cada individuo busca a súa metade. Deste modo queda explicado o Eros, definido coma a busca da outra metade tanto na homosexualidade masculina e feminina como na heterosexualidade.
O penúltimo que fala é Agatón, poeta tráxico, que centra o seu discurso na esencia divina de Eros e na descrición da perfección das súas virtudes, di que non hai maior pracer que o Amor.
A exposición de Sócrates
[editar | editar a fonte]Finalmente toma a palabra Sócrates, facéndolle preguntas a Agatón, ao cal fan reflexionar (esta é a primeira fase, ironía, do método socrático), posteriormente atópase o diálogo de Sócrates con Diótima, sacerdotisa de Mantinea, da cal di que aprendeu todo o que sabe do amor. Sócrates pensa que o amor se caracteriza pola carencia, pola aspiración permanente e non pola posesión que garante o repouso. Eros é un elemento intermediario, un semideus que actúa de intérprete entre os cuestionamentos humanos e os designios divinos. Este carácter de intermediario hermeneuta fai de Eros un vínculo que mantén cohesionado todo o existente. Esta idea precisamente é a que se trata de precisar a través do mito do nacemento de Eros; fillo de Penía (pobreza) e Poros (riqueza), o Eros ten unha natureza bifronte: dialéctica permanente entre a busca e a adquisición. O carácter demónico de Eros fai posible a ligazón entre dous terreos aparentemente tanxenciais, isto é: Eros e Filosofía. Fronte aos deuses que xa posúen a sabedoría e aos ignorantes que non pretenden o coñecemento porque xa cren telo. Filosofía e Eros definen ao home como ese ser no que a aspiración é a carta de presentación do seu destino e, por isto mesmo, irrebasable. O concepto de Eros queda entendido como o motor e a esencia do home cara ao Ben como meta suprema. Ao Amor só podemos achegarnos se ascendemos á Beleza en si, ascensión que se fai dialecticamente a través de varias fases, dende o corpo até o coñecemento.
O discurso socrático reproduce con fidelidade o esquema dialéctico que Platón transmitiu: unha primeira fase irónica que ten como finalidade a destrución ou desestimación das opinións erróneas dos interlocutores e unha segunda fase maiéutica na que expón a verdade sobre o obxecto do debate.
A descrición de Alcibíades
[editar | editar a fonte]O derradeiro discurso é o de Alcibíades, que realiza un eloxio de Sócrates até facelo aparecer como a verdadeira encarnación de Eros. O diálogo remata con Sócrates como única figura que queda en pé tralo banquete, amosando a inquebrantabilidade da alma filosófica fronte ás baixas paixóns.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O banquete |