Saltar ao contido

Abeozen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAbeozen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1896 Editar o valor en Wikidata
Saint-Sauveur, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xuño de 1963 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
La Baule-Escoublac, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, tradutor, novelista, lingüista, professeur agrégé (en) Traducir, ensaísta Editar o valor en Wikidata
MovementoSeiz Breur (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioAbeozen Editar o valor en Wikidata
Participou en
1940WWII Axis collaboration in France (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Fañch Eliès (en francés: François Eliès),[1] e máis coñecido polo seu alcume Abeozen,[1] nado en Saint-Sauveur, Finistère, en 1896 e finado en La Baule en 1963, foi un nacionalista bretón, novelista e dramaturgo que escribiu na lingua bretoa. Abeozen tamén foi un destacado erudito da lingua galesa.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Abeozen comezou a facer achegas no xornal literario bretón Gwalarn en 1925. Traballou como mestre en Saint-Brieuc dende 1927 até 1940 e fundou a rama local da organización comunista Secours Rouge. Durante a ocupación alemá de Francia, uniuse a Roparz Hemon na Radio Rennes Bretagne e escribiu para La Bretagne, L'Heure Bretonne e Arvor. Foi membro de Seiz Breur e do Instituto celta da Bretaña.

Logo da liberación de Francia, Abeozen, como moitos nacionalistas bretóns, foi arrestado por colaborar cos ocupantes alemáns e pasou catorce meses no cárcere. Tamén foi despedido do Ministerio de Educación Nacional e prohibíuselle permanecer na rexión administrativa da Bretaña.

  • Lennaduriou kembraek (XVIIvet - XIXvet kantved). Dibabet ha troet gant Abeozen ; Brest, Gwalarn, no 108, del 1937, p. 3-43. Antoloxía galesa.
  • Geriadurig brezonek krenn. Rennes. 1941. Sterenn. Léxico do bretón medio.
  • Yezhadur berr ar c'hembraeg. Skridoù Breizh - Brest. 1942. Gramática galesa.
  • Dremm an Ankou (1942).
  • Marvailhou loened. Éditions de Bretagne : Skridou Breiz - Brest. 1943.
    Abeozen en agosto do ano 1960.
  • Skol vihan ar c'hembraeg. Skridou Breizh - Brest. 1944. (con Kerverziou). Manual de galés.
  • Ur brezel diot, lembranzas da guerra de 1939-1945, aparecidas na revista Preder en 1953.
  • Argantael, novela curta aparecida nos números 72 e 73 da revista literaria Al Liamm en 1959.
  • Hervelina Geraouell. Éditions de Bretagne : Skridou Breiz - Brest. 1943, reeditado per Hor yezh - Lesneven 1988. Novela en bretón.
  • Bisousig kazh an tevenn. Al Liamm. 1954, An Here - Quimper, 1987. Novela curta xuvenil.
  • Istor lennegezh vrezhonek an amzer-vremañ, Al Liamm, 1957. Historia da literatura bretoa.
  • Damskeud eus hol lennegezh kozh. Al Liamm. 1962. Manual de literatura antiga en bretón.
  • Yezhadur nevez ar C'hembraeg. Hor Yezh - Brest. 1964. (con Goulven Pennaod). Gramática galesa.
  • Pirc'hirin kala-goanv. Brest, Al Liamm, 1969, Al Liamm - Brest. 1986. Obra traducida ao francés por Mikael Madeg co título Le pèlerin de la Toussaint.
  • Pevar skourr ar Mabinogi troidigezh diwar skrid al levr gwenn, kentskrid ha notennou gant F. Elies Abeozen. Quimper, Preder, 1980. Tradución ao bretón da escolma de contos mitolóxicos galeses, chamados Mabinogion.
  • Breiz a gan. Chorale Saint-Matthieu - Morlaix. 1980.
  • Kan ar spered hag ar Galon. Mouludarioù Hor Yezh - Lesneven. 1983. Fotografías de Daniele Jego.
  • Barzhaz 1837-1939. Hor yezh - Lesneven. 1987.
  • Argantael. Al Liamm - Brest. 1989. Reeditado en 2011.
  1. 1,0 1,1 1,2 Garzanti p. 1
  2. Les noms qui ont fait l'histoire de Bretagne : au moins six rues en Bretagne portent son nom (1997).
  3. Fañch Elies dit Abeozen, Gwendal Denez, tese publicada por An Here

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Garzanti, Aldo (1974) [1972]. Enciclopedia Garzanti della letteratura (en italiano). Milán: Garzanti. p. 1.