Abdelaziz Bouteflika
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Abdelaziz Bouteflika | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de marzo de 1937 |
Lugar de nacemento | Oujda |
Falecemento | 17 de setembro de 2021 |
Lugar de falecemento | Zéralda |
Causa | Parada cardiorrespiratoria |
Soterrado | El Alia Cemetery |
Nacionalidade | Alxeria |
Relixión | Islam |
Alma máter | Universidade de Argel Benyoucef Benkhedda |
Ocupación | político, diplomático, revolucionario e estadista |
Cónxuxe | Amal Triki |
Irmáns | Saïd Bouteflika |
Premios | Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Collar of the Spanish Order of the Civil Merit, Grande Estrela da Condecoración por Servizos á República de Austria, Grande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique, Orde de José Martí, Ordem da República da Sérvia, Grand Cross with Chain of the Order of Merit of the Republic of Hungary (civil), National Order of Merit e Order of the Star of Palestine |
Na rede | |
http://www.abdelaziz-bouteflika.com | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Abdelaziz Bouteflika (عبجد العزيز بوتفليقة), nado en Marrocos o 2 de marzo de 1937 e finado en Alxer o 17 de setembro de 2021, foi un político alxeriano, Presidente do seu país dende o 27 de abril de 1999 ata o 2 de abril de 2019.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comeza estudos de filosofía, pero interrómpeos para se unir á FLN e o Exército de Liberación Nacional. Foi un dos líderes da Guerra de Independencia Alxeriana, e cando Alxeria obtivo a independencia en 1962 converteuse en ministro de deportes e mocidade. En 1963 asumiu a carteira de exteriores e membro da Asemblea Lexislativa. Durante a súa época en exteriores, Alxeria, converteuse nun dos líderes dos países non aliñados. Dimitiu en 1979 e entre 1981 e 1983 exiliouse ao ser acusado de corrupción.
En 1999 presentouse como candidato á presidencia, saíu elixido co 74% dos votos e en 2004 presentouse de novo, obtendo o 83% dos votos. Gañou tamén as seguintes dúas eleccións, en 2009 e 2014. En 2019 anunciou que se presentaría a un quinto mandato, o que provocou unhas protestas masivas por todo o país que duraron varias semanas. Finalmente o 2 de abril anunciou a súa dimisión.[1]
Retirado nunha residencia de anciáns logo da súa renuncia política, a nova da súa morte foi anunciada o 17 de setembro de 2021.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Buteflika fai efectiva a súa dimisión ante a ameaza de inhabilitación". Faro de Vigo. 3 de abril de 2019. Consultado o 4 de abril de 2019.
- ↑ "Abdelaziz Bouteflika, ancien président de l'Algérie, est mort à l'âge de 84 ans". Franceinfo (en francés). 2021-09-18. Consultado o 2021-09-18.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Abdelaziz Bouteflika |
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |