Abdelkader Bensalah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAbdelkader Bensalah

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) عبد القادر بن صالح Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1941 Editar o valor em Wikidata
Fellaoucene, Alxeria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de setembro de 2021 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Aïn Naadja Military Hospital, Alxeria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaEl Alia Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
President of Algeria (en) Traducir
9 de abril de 2019 – 19 de decembro de 2019
← Abdelaziz BouteflikaAbdelmadjid Tebboune →
Presidente National Transitional Council (en) Traducir
18 de maio de 1994 – 31 de xaneiro de 1997 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlxeria Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Damasco - xurisprudencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista (1967–1977), político , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnião Nacional Democrática (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Council of the Nation (en) Traducir (2002–)
National Transitional Council (en) Traducir (1994–1997) Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeAlxeria Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército de Libertação Nacional (Argélia) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra de Alxeria Editar o valor em Wikidata
Premios

Abdelkader Bensalah (en árabe: عبد القـادر بن صالح), nado en Fellaoucene (Alxeria francesa) o 24 de novembro de 1941 e finado en Alxer o 22 de setembro de 2021, foi un xornalista e político alxeriano. Membro da Agrupación Nacional para a Democracia (RND), preside dende 2002 o Consello da Nación, a cámara alta do Parlamento alxeriano. Dende o 2 de abril e o 19 de decembro de 2019 exerceu como presidente interino de Alxeria, en substitución de Abdelaziz Bouteflika.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe e xuventude[editar | editar a fonte]

Abdelkader Bensalah naceu o 24 de novembro de 1941 en Fellaoucene, preto de Tlemcen.[1][2]

Ingresou no Exército de Liberación Nacional (ALN) aos 18 anos.[3]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Xornalista de profesión,[4] foi diretor do Centro alxeriano de información e cultura en Beirut, entre 1970 e 1974, e despois director xeral do diario en lingua árabe Ech Chaab entre 1974 e 1977.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

En 1977, foi elixido deputado da FLN da vilaia de Tlemcen.[5] Posteriormente, seguiu unha carreira diplomática, sendo dende 1989 a 1993 embaixador de Alxeria no Reino de Arabia Saudita e na Organización da Conferencia Islámica. Foi director de información e voceiro do Ministerio de Asuntos Exteriores dende 1993 ata 1994.

Foi membro do Agrupación Nacional pola Democracia(RND), da que foi secretario xeral dende a súa fundación, en 1997 a 1998 e de 2013 a 2015.

Entre 1994 e 1997, presidiu o Consello Nacional de Transición , que era entón a única cámara parlamentaria do país. Ata 2002 foi presidente da Asemblea Nacional do Pobo, a cámara baixa do Parlamento alxeriano.

Dende xullo de 2002, ocupou o cargo de Presidente do Consello da Nación, a cámara alta do Parlamento.[6][7] O 30 de novembro de 2004, foi elixido presidente da Unión Parlamentaria Africana.[8]

Moi achegado ao presidente Abdelaziz Bouteflika, realizou nos anos 2010 algunhas tarefas que este, enfermo, xa non podía realizar, como a recepción de líderes estranxeiros.[9] Apoiou a candidatura de Bouteflika a un quinto mandato nas eleccións presidenciais de 2019.[10] Despois da dimisión deste último, o 2 de abril de 2019, como consecuencia de grandes manifestacións contra a súa permanencia no poder, Abdelkader Bensalah asumiu a presidencia interina do país para un período de 90 días como indica a Constitución de Alxeria.[9] Como presidente interino, tiña poderes reducidos e non se podía presentar ás eleccións presidenciais anticipadas.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "L'Algérie se prépare à l'après-Bouteflika". Lefigaro.fr. Consultado o 4 de novembro de 2013. 
  2. "Le Bonjour du « Soir »". Le Soir d'Algérie. Consultado o 28 de febreiro de 2014. 
  3. "Algérie: Abdelkader Bensalah, pur produit du régime algérien". TV5MONDE. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  4. "Algérie: Abdelkader Bensalah, parcours d'un cacique du régime - RFI". RFI Afrique. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  5. "Revue du droit public et de la science politique en France et à l'étranger". Google Books. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  6. Alxeria: Bensalah foi nomeado para o Senado , Le Figaro , o 9 de xaneiro de 2013
  7. Bensalah foi nomeado en xefe do Consello da Nación Arquivado 27-03-2019 en Wayback Machine. , El Watan , o 30 de xaneiro de 2019.
  8. ElWatan, ed. (30 de novembro de 2004). "Bouteflika à l’union parlementaire africaine". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  9. 9,0 9,1 "Bouteflika loyalist Abdelkader Bensalah, Algeria’s next in line". France 24. Consultado o 3 de abril de 2019. 
  10. "Algérie : qui est Abdelkader Bensalah, l’homme qui devrait assurer l'intérim après la démission d'Abdelaziz Bouteflika ?". LCI. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 3 de abril de 2019. 
  11. "Algérie : le Conseil constitutionnel entérine la démission d'Abdelaziz Bouteflika". Europe 1. Consultado o 3 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]