Saltar ao contido

Abbasqulu ağa Bakıxanov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAbbasqulu ağa Bakıxanov

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(az) عباسقلی باکیخانوف Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1794 Editar o valor en Wikidata
Əmircan, Baku, Acerbaixán (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de maio de 1847 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
A Meca, Arabia Saudita Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecólera Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWādī Fāţimah (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, poeta, escritor, filósofo, militar Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioКудси Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Ruso Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra Russo-Persa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaBakikhanovs (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiMirza Muhammad Khan II Editar o valor en Wikidata
IrmánsJafargulu Bakikhanov Editar o valor en Wikidata
ParentesHəsən ağa Bakıxanov, sobriño, nora/ genro Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Pedagogues and Psychologists of the World (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
Delegación rusa, entre os que estaba Abbasqulu, durante as negociacións entre o xeneral Paskevich e o príncipe Abbas Mirza.

Abbasqulu ağa Bakıxanov, tamén coñecido co alcume de Qüdsi (nobre, limpo), nado en Əmircan o 21 de xuño de 1794 e finado en Wadi Fatima, preto de Jedda, en xaneiro de 1847, foi un militar, escritor, historiador, xornalista, lingüista e filósofo azerí, descendente da dinastía gobernante do khanato de Bakú.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Abbasqulu era o fillo do 9º khan de Bakú, Mirza Muhammed II e da nobre xeorxiana convertida ao islam Sofía Bagram [1]. Ata 1803 viviu en diversas propiedades da familia na península de Abşeron e despois estableceuse preto de Quba, no norte do país. Recibiu unha sólida educación formándose en teoloxía, filosofía, ciencias árabe, turco, ruso e máis tarde francés e polaco. En 1818 estableceu a primeira sociedade literaria azerí, Golestan-i Iram. En decembro de 1819 alistouse no exército ruso como intérprete e participou na expedición para suprimir o Khanato de Gazikumukh (no actual sur do Daguestán) e pola súa actuación foi promovido a alférez. En 1823 participou na na misión rusa que describiu a recentemente formada provincia de Karabakh e participou na comisión encargada de delimitar a fronteira con Persia. En 1826 ascendeu a tenente e participou nas guerras ruso-persa e na ruso-turca. En 1827 pola súa participación no cerco da fortaleza persa de Abbas Abad ascendeu a capitán-tenente. Logrou convencer ao khan de Nakhichevan e a varios xefes kurdos de Persia para se aliaren con Rusia. En 1828 ascendeu a capitán e participou nas negociacións de paz con Persia que remataron no asinamento do Tratado de Turkmanchai, ao ano seguinte ascendeu a maior pola dilixencia amosada na toma de Akhaltsikhe. Promovido a tenente coronel en 1832. Serviu durante algún tempo no Ministerio de Asuntos Exteriores en San Petersburgo e viaxou por Rusia, Polonia, Letonia e Lituania, en 1835 retirouse do servizo activo establecéndose na vila de Amsar, preto de Quba. En 1842 ascendeu a coronel. Morreu mentres volvía da peregrinación á Meca nun oasis a medio camiño entre a Meca e Medina.

Fondamente influído pola cultura europea era un fervente musulmán xíi de ideas liberais, que criticaba o fanatismo das masas e o escurantismo do clero e que promovía a cultura islámica na rexión e no conxunto de Rusia. Tiña proxectos para establecer unha institución de educación superior para os musulmáns para a que escribiu libros de texto pero finalmente o proxecto nunca se realizou, traduciu tamén varias fábulas de Iván Krylov pero só se conserva unha soa e publicou a primeira gramática do persa, Qanun-i Qudsi. Bakıxanov está considerado en Acerbaixán o derradeiro escritor dos tempos antigos e o primeiro dos tempos modernos, por estaren os seus traballos inseridos na tradición medieval oriental, cheos de imaxes convencionais pero con temas tomados da vida moderna e imbuídos da tradición occidental.

Páxina manuscrita de Golestan e Eram
  • Riyazül-Güds, escrito en 1820 so unha forte influencia da literatura relixiosa xiíta, é unha transcrición libre e en azerí de Jila al-Uyun de Mohammed Baghir Majlisi. É unha obra épica en prosa con catorce historias independentes pero conectadas entre si nas que inclúe poemas.
  • Golestan e Eram, escrito en 1841 en persa, dedicado á historia do Cáucaso oriental desde a antigüidade ata 1813, baseado en numerosas fontes antigas e en autores contemporáneos. En 1844 o propio autor traduciuno ao ruso. Publicouse por vez primeira en vez en 1926, en ruso. Na súa lingua orixinal non se publicou ata 1970 e en azerí en 1951.
  • Kitabi-Əsgəriyyə, foi o primeiro libro de ficción do autor, escrito en 1837 en azerí, narra o amor de dous mozos. Publicouse por vez primeira en 1861 nunha edición simplificada e non foi ata 1946 cando se publicou por primeira vez a versión completa.
  • Qanun-i Qudsi, gramática do persa escrita en 1831, publicouse en ruso en 1841 converténdose na base da iranística en Rusia.
  • Mishkat al-Anwar, obra didáctica en persa, con fábulas, parábolas, citas do Corán e referencias ao misticismo sufí.
  • Kashf al-Qaraib, libro de texto dedicado ao descubrimento de América, escrito na década de 1830
  • Asrar al-Malakut, introdución á astronomía escrito en árabe.
  1. Ahmedov, E.M. (1989) A.K. Bakihanov: epoha, jizn, deyatelnost, Bakú, 1989, páx. 56