Abadán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAbadán
آبادان (fa) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 30°20′21″N 48°18′15″L / 30.3392, 48.3042Coordenadas: 30°20′21″N 48°18′15″L / 30.3392, 48.3042
EstadoIrán
ProvinciasKhuzistão (pt) Traducir
Condado (pt) TraducirCondado de Abadan (pt) Traducir
District of Iran (en) TraducirDistrito central (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación231.476 (2016) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Bañado porChatt al-Arab (pt) Traducir e Rio Karun (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude6 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
27 de setembro de 1981Siege of Abadan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+3:30 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico0631 Editar o valor em Wikidata

Sitio webabadan.ir Editar o valor em Wikidata

Abadán[1] ou Abadan[2] é unha cidade iraniana da provincia de Khuzistán, no delta de Shatt al-Arab no suroeste do país. De lingua tradicional árabe, en 2004 tiña 327 300 habitantes.


Situada sobre unha illa, é un dos maiores centros de depósito e de refinamento de petróleo no mundo e o primeiro porto de Irán. O seu nome débese a Abbad, membro da dinastía Abásida que fundou a cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi identificada como o porto de Charax, citado por Heródoto no século V a.c. No XII constituía o punto máis ao sur da Mesopotamia. Na Idade Moderna foi unha cidade disputada polos turcos e persas, estes últimos a conquistaron definitivamente tralo Tratado de Erzerum no 1847. En 1909 a Compañía Petroleira Anglo-Persa constrúe a primeira refinaría (convertida en 1938 na máis grande do mundo) e a cidade foi completamente reconstruída en 1910.

O 20 de agosto de 1978 o lume consome o Rex Cinema, o goberno do Xa foi acusado polo pobo de provocalo para asasinar a disidentes, provocando manifestacións populares que anticiparon o destronamento do Xa en 1979. En setembro de 1980 foi atacada por sorpresa por Iraq, durante 18 meses a cidade foi asediada e gran parte da cidade foi destruída polos bombardeos. Despois da guerra comezou a reconstrución, primeiro a refinaría, que entrou en funcionamento de novo no 1993.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Abadán (Irán) 
  2. "Abadan". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 181.