Abadán
| آبادان (fa) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Irán | |||
| Provincias | Khuzistão (pt) | |||
| Condado | Condado de Abadan (pt) | |||
| Distrito | Distrito central (pt) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 231.476 (2016) | |||
| Xeografía | ||||
| Bañado por | Chatt al-Arab (pt) | |||
| Altitude | 6 m | |||
| Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 0631 | |||
| Sitio web | abadan.ir | |||
Abadán[1] ou Abadan[2] é unha cidade iraniana da provincia de Khuzistán, no delta de Shatt al-Arab no suroeste do país. De lingua tradicional árabe, en 2004 tiña 327 300 habitantes.
Situada sobre unha illa, é un dos maiores centros de depósito e de refinamento de petróleo no mundo e o primeiro porto de Irán. O seu nome débese a Abbad, membro da dinastía Abásida que fundou a cidade.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi identificada como o porto de Charax, citado por Heródoto no século V a.c. No XII constituía o punto máis ao sur da Mesopotamia. Na Idade Moderna foi unha cidade disputada polos turcos e persas, estes últimos a conquistaron definitivamente tralo Tratado de Erzerum no 1847. En 1909 a Compañía Petroleira Anglo-Persa constrúe a primeira refinaría (convertida en 1938 na máis grande do mundo) e a cidade foi completamente reconstruída en 1910.
O 20 de agosto de 1978 o lume consome o Rex Cinema, o goberno do Xa foi acusado polo pobo de provocalo para asasinar a disidentes, provocando manifestacións populares que anticiparon o destronamento do Xa en 1979. En setembro de 1980 foi atacada por sorpresa por Iraq, durante 18 meses a cidade foi asediada e gran parte da cidade foi destruída polos bombardeos. Despois da guerra comezou a reconstrución, primeiro a refinaría, que entrou en funcionamento de novo no 1993.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Abadán (Irán)
- ↑ "Abadan". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 181.
