Abú Muzab al Zarqaui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abú Muzab al Zarqaui
Zarqawi dead us govt photo.jpg
Nacemento 30 de outubro de 1966
  Zarqa
Falecemento 7 de xuño de 2006
  Hibhib
Causa ferida por arma de fogo e Bombardeamento aéreo
Nacionalidade Xordania
Relixión Sunnismo
Ocupación Muslim Leadership Initiative
editar datos en Wikidata ]

Abu Musab al-Zarqawi, (en árabe: أبومصعب الزرقاوي)‎, nado en Xordania o 20 de outubro de 1966 e morto o 7 de xuño de 2006 na cidade de Baquba, en Iraq, foi o autoproclamado líder de Al Qaida en Iraq.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diferentes testemuños relacionaron a Al Zarqaui con actos terroristas en Iraq no tempo da ocupación estadounidense, entre os que se contan a planificación de atentados suicidas e ataques directos contra militares, policías e civís.

Al Zarqaui, seareiro do movemento salafí opúñase á presenza das tropas de países occidentais nos países islámicos, especialmente Iraq, así como ao recoñecemento da existencia do estado de Israel. Al Zarqaui, que era musulmán suní, tamén entendía que os xiís de Iraq estaban tendo unha actitude colaboracionista coa ocupación occidental, e por esa razón declaroulles a guerra en setembro de 2005.

Al Zarqaui recoñecíase seareiro de bin Laden, e dende outubro de 2004 referíase á súa propia organización, Iama'at al Tauhid ual Xihad, como célula de Al Qaida en Iraq. O propio bin Laden cualificou a Al Zarqaui de príncipe de Al Qaida en Iraq.

Al Zarqaui era o home máis buscado polas tropas occidentais en Xordania e Iraq. O goberno dos Estados Unidos ofrecera 25 millóns de dólares a quen puidera dar información para a súa captura, a mesma cantidade ca por bin Laden. O 15 de outubro 2004 o goberno dos Estados Unidos engadiu a Al Zarqaui e a o seu grupo, o Iama'at al Tauhid ual Xihad, na lista de organizacións terroristas estranxeiras.

Abú Muzab al Zarqaui foi asasinado definitivamente o 7 de xuño de 2006, durante un bombardeo do seu campamento na cidade de Baquba, uns 65 quilómetros ao norte de Bagdad. Pero a súa morte xa fora anunciada, e despois negada, en varias ocasións durante os meses anteriores. O goberno estadounidense amosou publicamente fotografías do cadáver de Al Zarqaui.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]