Conversa:Abu Muzab al Zarqaui
Untitled
[editar a fonte]Creo que este artigo está mal: non é que os americanos creeran que era o líder de Al Qaeda en Iraq, senón que o era e está comprobado; como tamén o está que atacou a soldados americanoe e atentou contra a poboación civil.
--O Tin 13:44, 8 xuño 2006 (UTC)
- Fálteme dios de crer que Zarqaui sexa inocente, ou bo, ou algo. Pero ata onde eu chego todas as informacións sobre al Qaída proveñen dos servizos de información dunha das partes en conflito. Tamén está por ver se é de al Qaída todo o que alguén lle atribúe a al Qaída, ou se esta é unha organización como tal ou simplemente unha franquía para grupos independentes. Por iso redactei así, atribuíndo as fontes desa información, buscando non tanto a neutralidade como a prudencia. User:Xabier Cid, 15:17, 8 xuño 2006
Estou con Xabier
[editar a fonte]A neutralidade e obxectividade da wikipedia non deberia permitir que se asumiran como reales e indiscutibles informacións tan delicadas como estas. --Berto 15:23, 8 xuño 2006 (UTC)
Suxerencia para modificar o artigo
[editar a fonte]OK, pode que teñades razón, pero de todas formas creo que así o artigo estaría mellor:
Abú Muzab al Zarqaui naceu en Xordania o 20 de outubro de 1966 e morreu nun ataque aéreo das tropas dos Estados Unidos en Iraq o 7 de xuño de 2006. Era o líder de Al Qaida en Iraq e atribúenselle diferentes accións de guerra contra as tropas americanas despregadas na zona e mais contra civís, fundamentalmente xiís.
Porque, aínda que tedes razón en que non debemos poñer a versión dunha soa das versións dos contendentes do conflicto, paréceme que, se a misma Al Qaeda o anuncia como xefe da súa organización en Iraq e o confirma a súa morte, neste caso non estamos poñendo unha soa das versións (malo será que os dous bandos mintan na mesma cousa).
Se non o vedes mal, cambiareino. ¿Fágoo?
--O Tin 16:26, 8 xuño 2006 (UTC)
- Ok. Vouno ampliar ao longo desta tarde, pero por se acaso, múdao antes.
--User:Xabier Cid 19:30, 8 xuño 2006
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Abú Muzab al Zarqaui. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20060613200056/http://english.aljazeera.net/NR/exeres/407AAE91-AF72-45D7-83E9-486063C0E5EA.htm á ligazón http://english.aljazeera.net/NR/exeres/407AAE91-AF72-45D7-83E9-486063C0E5EA.htm
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de agosto de 2018 ás 21:59 (UTC)