Aarón Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAarón Rey
Biografía
Nacemento19 de maio de 1998 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2015-2016 Racing de Ferrol 1(0)
2017-2019 Celta Fortuna 34(0)
2019-2022 CE Sabadell 88(2)
2022-2023 Gimnàstic de Tarragona 34(2)
2023- Cultural Leonesa 30(0) Editar o valor em Wikidata

Aarón Rey Sánchez, nado en Ferrol o 19 de maio de 1998, é un futbolista galego que xoga de centrocampista na Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no barrio ferrolán de Caranza, formouse como futbolista na canteira do principal club do barrio, o Galicia de Caranza, onde tamén xogara seu pai José Ángel.[1] Aos 17 anos ingresou no equipo xuvenil do Racing de Ferrol, onde militar unha soa tempada, chegando a debutar co primeiro equipo na Segunda División B da man de Miguel Ángel Tena, nun partido ante o Tudelano no que substituíu no cuarto de hora final a Héber Pena.[2]

En 2016 chegou ás Instalacións Deportivas da Madroa para incorporarse ao xuvenil do Celta de Vigo, co que se proclamou campión da División de Honra e foi semifinalista da Copa de Campións. Nas dúas campañas seguintes formou parte do equipo filial, co que disputou 34 partidos na Segunda B.[3]

En xullo de 2019 fichou polo Sabadell, tamén de Segunda B.[3] Na súa primeira tempada conseguiu o ascenso a Segunda División, contribuíndo cun total de 27 partidos, 20 deles como titular. O equipo catalán non conseguiu a permanencia na seguinte campaña, caendo á nova Primeira División RFEF. Aarón Rey militou unha terceira tempada no equipo, acadando os 91 partidos e 2 goles.

Na tempada 2022/23 vestiu a camiseta do Gimnàstic de Tarragona,[4] sumando 34 partidos e un gol, e en xullo de 2023 fichou pola Cultural Leonesa.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "«Viejos conocidos»" (en castelán). 20 de marzo de 2018. Consultado o 3 de maio de 2024. 
  2. "La cantera se reivindica con el debut de Aarón Rey en A Malata" (en castelán). 3 de abril de 2016. Consultado o 3 de maio de 2024. 
  3. 3,0 3,1 "Aarón Rey fichó por el Sabadell tras dejar el Celta" (en castelán). 30 de xullo de 2019. Consultado o 3 de maio de 2024. 
  4. "Aarón Rey, quinto fichaje grana 2022-2023" (en castelán). 20 de xullo de 2022. Consultado o 3 de maio de 2024. 
  5. Pérez Cillero, Diego (7 de xullo de 2023). "La Cultural oficializa el fichaje de Aarón Rey" (en castelán). Consultado o 3 de maio de 2024.