Aabenraa

Aabenraa, en danés Åbenrå, é o nome que recibe unha cidade dinamarquesa de 22 000 habitantes, capital do condado de Xutlandia do Sur na rexión de Nordslevig, situada no fiorde do mesmo nome. Literalmente, o seu nome significa "costa aberta", a forma dialectal propia é Affenrå. A cidade é un importante centro cultural da minoría alemá de Dinamarca. O xornal Der Nordschleswiger edítase aquí.
Historia[editar | editar a fonte]
Fundada en 1240, no 1335 o Duque de Valdemar concedeulle o título de cidade.
En 1250 constrúese a Igrexa de San Nicolau.
En 1864 foi anexionada por Prusia, onde permaneceu ata 1920.
Economía[editar | editar a fonte]
O que primeiro foi unha pequena cidade de mariñeiros medrou ata se converter nun importante centro pesqueiro no XVIII e XIX, sendo actualmente o 7º porto pesqueiro de Dinamarca. Ademais é o centro comercial dunha rica rexión agrícola.
Demografía[editar | editar a fonte]
Evolución da poboación:
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aabenraa ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Concello de Aabenraa
- Museo de Aabenraa
- Ximnasio alemán Arquivado 15 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
- Der Nordschleswiger, xornal en alemán