A muller que camiña diante
| A muller que camiña diante | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Lingua orixinal
| |||||
| Autoría | |||||
|
Director/a
| |||||
|
Compositor/a
| |||||
|
Guionista
| |||||
|
Director/a fotografía
| |||||
|
Editor/a de cine
| |||||
| Temática | |||||
|
Ambientado en
| |||||
|
Personaxes
| |||||
| Publicación | |||||
|
Produtor/a
| |||||
|
Formato de distribución
| |||||
|
Puntuación da crítica
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Dimensión | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata | |||||
A muller que camiña diante (en inglés: Woman Walks Ahead) é un filme estadounidense-británico de 2017 dirixido por Susanna White e escrito por Steven Knight. O filme conta a historia de Caroline Weldon (Jessica Chastain), unha retratista que viaxa dende a cidade de Nova York até territorio lakota para pintar un retrato de Touro Sentado (Michael Greyeyes) en 1890. Chaske Spencer e Sam Rockwell tamén forman parte do elenco.
O filme estreouse no Festival de Toronto o 10 de setembro de 2017. Estreouse a través de DirecTV Cinema o 31 de maio de 2018, antes de ter un lanzamento limitado nos cinemas o 29 de xuño de 2018 a través de A24. Estreouse en galego o 27 de setembro de 2022 a través da TVG.[1] A dobraxe en galego e castelán foi feita por SDI Media.[2][3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Caroline Weldon, unha retratista suízo-estadounidense viaxa de Brooklyn a territorio indíxena na década de 1890 para pintar un retrato de Touro Sentado, e vese envolta na loita do pobo lakota polos dereitos da súa terra.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jessica Chastain como Caroline Weldon
- Michael Greyeyes como Touro Sentado
- Sam Rockwell como Coronel Silas Grove
- Ciarán Hinds como James McLaughlin
- Michael Nouri como Karl Valentine
- Chaske Spencer como Chaska
- Bill Camp como Xeneral Crook
- Rulan Tangen como Susan McLaughlin
- Rachel Singer como Dry Goods Assistant
- Louisa Krause como Loretta
- Lyle Sandoval como Tracker
Produción
[editar | editar a fonte]O 3 de febreiro de 2016, informouse de que Jessica Chastain estaba en conversacións para interpretar á confidente de Touro Sentado no filme Woman Walks Ahead, dirixido por Susanna White.[5] O 14 de setembro de 2016, Michael Greyeyes, Sam Rockwell, Ciarán Hinds, Chaske Spencer e Bill Camp uníronse ao elenco, e a fotografía principal produciuse en Novo México.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AntRubal, ed. (27 de outubro de 2022). "A muller que camiña diante na TVG". Consultado o 6 de outubro de 2022.
- ↑ "Gonzalo Faílde - Ficha eldoblaje.com - Doblaje". www.eldoblaje.com. Consultado o 2024-03-17.
- ↑ "La Mujer Que Camina Delante - Ficha eldoblaje.com - Doblaje". www.eldoblaje.com. Consultado o 2024-03-17.
- ↑ Pollack, Eileen (2002). Woman Walking Ahead: In Search of Catherine Weldon and Sitting Bull. Albuquerque: University of New Mexico Press. ISBN 9781515965626.
- ↑ Jaafar, Ali (3 de febreiro de 2016). "Jessica Chastain To Star In 'Woman Walks Ahead' With Susanna White Directing". Deadline Hollywood (Penske Business Media). Consultado o 17 de setembro de 2016.
- ↑ Hipes, Patrick (14 de setembro de 2016). "Sam Rockwell, Michael Greyeyes & More Join Jessica Chastain In 'Woman Walks Ahead'". Deadline Hollywood (Penske Business Media). Consultado o 17 de setembro de 2016.