A guerra dos Rose
| A guerra dos Rose | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
A guerra dos Rose (en inglés: The War of the Roses) é un filme estadounidense de comedia baseado na novela The War of the Roses de Warren Adler. O filme conta a historia dunha parella rica cun matrimonio aparentemente perfecto. Cando a súa relación comeza a desfacerse, as posesións materiais convértense no obxectivo dun conflitivo divorcio. É o terceiro filme co-protagonizado por Michael Douglas, Kathleen Turner e Danny DeVito, despois de Romancing the Stone e a súa secuela, The Jewel of the Nile. DeVito dirixiu o filme, que foi producido por James L. Brooks.
Tanto na novela como no filme, o nome do matrimonio é Rose, e o título é unha alusión á Guerra das Dúas Rosas entre as casas de York e Lancaster, ó final da Idade Media. Foi estreado en galego a través da TVG o 30 de decembro de 2000.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Michael Douglas como Oliver Rose
- Kathleen Turner como Barbara Rose
- Danny DeVito como Gavin D'Amato
- Marianne Sägebrecht como Susan
- Dan Castellaneta como cliente de Gavin
- Sean Astin como Josh Rose con 17 anos
- Trenton Teigen como Josh Rose con 10 anos
- Heather Fairfield como Carolyn Rose con 17 anos
- G.D. Spradlin como Harry Thurmont
- Peter Donat como Jason Larrabee
- David Wohl como Doutor Gordon
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A guerra dos Rose na TVG". hemeroteca.lavanguardia.com/. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2016. Consultado o 25 de xullo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A guerra dos Rose na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)