Puri Seixido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Puri Seixido
Nacemento19 de novembro de 1966
 Cariño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónguionista, escritora e política
editar datos en Wikidata ]

María Purificación Seixido Gómez[1], coñecida como Puri Seixido, nada en Cariño o 19 de novembro de 1966, é unha escritora, guionista[2] e política galega do BNG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é Técnico Superior en Realización Audiovisual pola Escola de Imaxe e Son da Coruña. Comezou colaborando con diversos colectivos literarios e culturais ata que iniciou a súa carreira como guionista (en películas, telefilmes e series de televisión) a finais do s. XX.

Implicada na rede asociativa e na vida pública cariñesas, presentouse como cabeza de lista do BNG ás eleccións municipais de 2011, nas que gañou a alcaldía[3], cargo que desempeñou ata 2015. Tras ese período de actividade política, retomou o seu traballo no sector audiovisual.

Púri Seixido foi tamén vicepresidenta da Asociación Galega de Guionistas (AGAG) en 2011.


Predecesor:
José Luis Armada Castro
 Escudo de Cariño.svg
Alcaldesa de Cariño
 
2011 - 2015
Sucesor:
José Miguel Alonso Pumar

Filmografía[4][editar | editar a fonte]

Traballou como guionista para series da Televisión de Galicia:

Tamén foi guionista da curtametraxe A Escola das Areas (2002) e da película Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde (2011).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nome de Purficación Seixido na páxina do concello de Cariño". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de xaneiro de 2014. 
  2. "Puri Seixido | AVG | AudioVisual Galego". www.culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2017-11-21. 
  3. "Eleccións municipais en Cariño". 2017-04-18. 
  4. "Púri Seixido". IMDb. Consultado o 2017-11-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]