Saltar ao contido

A derradeira película

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A derradeira película
 Título
    The Last Picture Show (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Movemento
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Ambientado en
 Época ambientación
 Colección
 Lingua orixinal
 Caracterizado por
 Cor
      branco e negro Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
28 de xullo de 1976 (España)
24 de xaneiro de 1975 (Portugal)
27 de outubro de 1974 (Polonia)
15 de xullo de 1974 (Tesalónica)
24 de maio de 1974 (Gante)
25 de maio de 1973 (Alemaña)
6 de xaneiro de 1973 (México)
22 de decembro de 1972 (Italia)
10 de novembro de 1972 (Irlanda)
15 de setembro de 1972 (Dinamarca)
20 de xullo de 1972 (Xapón)
12 de maio de 1972 (Noruega)
11 de maio de 1972 (Australia)
4 de maio de 1972 (Países Baixos)
28 de abril de 1972 (Uruguai)
14 de abril de 1972 (Finlandia, Francia)
10 de abril de 1972 (Suecia)
marzo de 1972 (Reino Unido)
17 de febreiro de 1972 (Arxentina)
25 de decembro de 1971 (Brasil)
22 de outubro de 1971 (Estados Unidos)
2 de outubro de 1971 (Festival de Cinema de Nova York) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Cifras e dimensións
 Custo
   1.300.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   118 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
VIAF316753490 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-3B0C-0000-2-0000-0000-V Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0jym0 Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
98% Rotten Tomatoes (27 de outubro de 2024)
9/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0067328 Filmaffinity: 740587 Allocine: 34419 Rottentomatoes: m/last_picture_show Mojo: lastpictureshow Allmovie: am1764 TCM: 4672 Metacritic: movie/the-last-picture-show TV.com: movies/the-last-picture-show BNE: XX3744982 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A derradeira película (en inglés: The Last Picture Show) é un filme estadounidense de 1971 dirixido e coescrito por Peter Bogdanovich, adaptado da novela semiautobiográfica The Last Picture Show de Larry McMurtry.

Ambientada nunha pequena vila do norte de Texas de novembro de 1951 a outubro de 1952, trata o paso á idade adulta de Sonny Crawford (Timothy Bottoms) e o seu amigo Duane Jackson (Jeff Bridges). O elenco tamén inclúe a Cybill Shepherd (no seu debut cinematográfico), Ben Johnson, Eileen Brennan, Ellen Burstyn, Cloris Leachman, Clu Gulager, Randy Quaid e John Hillerman. Por motivos estéticos foi rodado en branco en negro, o que era infrecuente nesa época. O filme incorpora cancións de Hank Williams Sr. e outros artistas.

O filme foi candidato a oito premios Óscar, incluíndo mellor filme, dirección, actores secundarios (Ben Johnson e Jeff Bridges) e actrices secundarias (Ellen Burstyn e Cloris Leachman), con vitorias de Johnson e Leachman. En 1998 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.

Foi emitido na TVG o 21 de decembro de 2001.[1]

Dous adolescentes pasan os seus días bebendo e namorando nunha cidade de Texas no inicio da década de 1950, época da guerra de Corea. Teñen como diversión só unha sesión de cinema na única sala de exhibición da cidade, ademais da iniciación sexual. Os dous se senten atraídos pola mesma moza e aí a amizade entre eles sofre.

Recepción e legado

[editar | editar a fonte]

Recepción crítica

[editar | editar a fonte]

A derradeira película foi aclamada pola crítica e ten un índice de aprobación do 100% na web Rotten Tomatoes baseado en 51 críticos, cunha media de 9,1/10. O consenso afirma: "Facendo un uso excelente da época e a ambientación, a chegada á madureza nunha pequena vila de Peter Bogdanovich é un triste mais conmovedor clásico completado con interpretacións impresionantes".[2] Roger Ebert, crítico do Chicago Sun-Times deulle ao filme catro estrela de catro na súa estrea e considerouno o mellor filme de 1971. Máis tarde engadiuno á súa listaxe de grandes filmes, escribindo que "o filme é sobre todo unha evocación do estado do ánimo. É sobre unha vila sen razón para existir, e xente sen motivos para vivir alí. A única esperanza é a transgresión".[3]

Controversia por obscenidade

[editar | editar a fonte]

En 1973, especialmente debido a escena da festa nudista na piscina, o filme foi prohibido en Phoenix (Arizona), cando o fiscal da cidade notificou ao director dun cine ao aire libre que o filme violaba un estatuto estatal de obscenidade. Posteriormente, a corte federal decidiu que o filme non era obsceno.[4][5] Ed Ware, fiscal do distrito de Rapides Parish (Louisiana), bloqueou a exhibición do filme, mais só temporalmente debido a que o cine gañou un preito para superar a directiva de Ware.[6]

  1. ↑ Programación
  2. ↑ "The Last Picture Show" (en inglés). Consultado o 2022-02-07.
  3. ↑ Ebert, Roger (4-7-2004). "Great Movie Reviews - The Last Picture Show". RogerEbert.com. Consultado o 25-2-2016.
  4. ↑ "Censored Films and Television at University of Virginia online". .lib.virginia.edu. Arquivado dende o orixinal o 03-10-2011. Consultado o 5-4-2012.
  5. ↑ "Most Controversial Films of All Time". Filmsite.org. Consultado o 5-4-2012.
  6. ↑ Sharkey, Richard P. "UPDATE: Former Rapides Parish DA Ed Ware III dies at 88". Town Talk (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]