A cova dos mouros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cova dos mouros
Título orixinalA cova dos mouros
Autor/aXabier Barreiro Liz
Ilustrador/aXabier Barreiro Liz
Orixegaliza
Linguagalego
ColecciónMeiga Moira (nº 5)
Xénero(s)literatura xuvenil
EditorialBaía Edicións
Data de pub.2000
Formatotapa branda
Páxinas160
ISBNISBN 978-84-962526-38-9
editar datos en Wikidata ]

A cova dos mouros é unha novela de aventuras para nenos do ano 2000, escrita por Xabier Barreiro Liz.

Características[editar | editar a fonte]

Estrutúrase en dezanove capítulos. Dun xeito realista nun principio, cóntase como Abdul, un rapaz mouro que vive en Compostela e que se dedica a venderlles postais aos turistas, vese inmerso nun mundo fantástico. Lendo un libro no Museo do Pobo Galego descobre as lendas das covas dos mouros e os seus tesouros e decide introducirse nunha cova. Deste xeito percorre diferentes paisaxes e lugares moi estraños, coma o mundo-sombra, no que coñece diferentes sistemas de vida e traballo; viaxa por diferentes dimensións espaciais e coñece diversos personaxes que lle axudan no seu cometido -o sapo greñudo, a deusa Xema, os mineiros das doas de sal, unha xeneta, o anano-esponxa...- e que lle desvelan unha das condicións necesarias para conseguir o tesouro: perder catro obxectos -un mercado, un regalado, un amigo e unha cousa valiosa. O protagonista decátase de que o tesouro non é algo material, como esperaba, senón máis ben un estado de ánimo: a súa felicidade interior. Abdul unha vez que consegue o seu obxectivo deixa o mundo marabilloso e volve a Santiago de Compostela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]