Sorbona
Sorbona | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | edificio escolar e institución educativa universitaria ![]() | |||
Epónimo | College of Sorbonne (en) ![]() ![]() | |||
Parte de | Universidade de París ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Francia | |||
Institución pública | Metrópole do Gran París | |||
Colectividade territorial francesa cun status especial | París | |||
Distrito municipal | 5º distrito de París | |||
Barrio administrativo | Quartier de la Sorbonne (en) ![]() ![]() | |||
Rúa | rue des Écoles, rue Saint-Jacques, rue de la Sorbonne, rue Victor-Cousin e rue Cujas ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1257 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | concello de París ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Monumento histórico inscrito ![]() | ||||
Data | 30 de setembro de 1975 | |||
Identificador | PA00088485 | |||
| ||||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 30 de setembro de 1975 | |||
Identificador | PA00088485 | |||
| ||||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 10 de febreiro de 1887 | |||
Identificador | PA00088485 | |||
Composto por | ||||
Chapelle Sainte-Ursule de la Sorbonne (en) ![]() ![]() | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | sorbonne.fr ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |

A Sorbona[1] (en francés La Sorbonne) é un establecemento público de ensino superior, hoxe dividido en dúas universidades (Universidade de París III e de París IV).
Historia e características
[editar | editar a fonte]Atópase no centro de París, no quinto arrondissement (distrito), en fronte do liceo Louis Le Grand e do Collège de France, preto do monumento O Panteón (Le Pantheón), das universidades (París I, II, V, VI) e dos Xardíns do Luxemburgo (que pertencen ao Palacio do Luxemburgo, sede do Senado), no denominado Barrio Latino, onde se concentran as escolas superiores, os museos e os turistas.
Foi fundada en 1257 por Robert de Sorbón coa intención de facilitar o ensino da teoloxía aos alumnos pobres. Tres séculos máis tarde converteuse no lugar privilexiado para os debates da facultade de teoloxía e tivo un papel importante nas querelas relixiosas do país, contra os xesuítas no século XVI e contra os xanseístas no século XVII.
Nas súas aulas, reconstruídas na súa totalidade entre 1885 e 1901, ensínanse hoxe principalmente as humanidades, a historia, a xeografía, o dereito e as linguas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Román Rodríguez visita o Centro de Estudos Galegos da Universidade da Sorbona, nova na páxina web da Xunta de Galicia o 10 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sorbona ![]() |