A Franqueira, A Cañiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Franqueira
Mosteiro de Santa María da Franqueira - A Cañiza - Pontevedra.jpg
Concello A Cañiza
Poboación 185 hab. (2013)
Entidades de poboación 7

Santa María da Franqueira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 185 habitantes (101 mulleres e 84 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha considerable diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 301 habitantes. Está composta por tres aldeas (A Franqueira, Parada e Cebreiro).

Etimoloxía e historia[editar | editar a fonte]

O termo Franqueira (tamén escrito antigamente Franqueyra) procede do xermano e significaría: “lugar dos homes libres ou francos, honrados”. A primeira referencia da súa existencia é do ano 1063, cando o rei de Galiza Fernando I fixo unha doazón ao abade do mosteiro Alvito e aos freires que nel moraban. A parroquia tivo moita importancia na antigüidade. Ademais de aparecer en todos os mapas do antigo Reino de Galicia, en 1750, grazas ao censo do Marqués da Ensenada sabemos que na vila xa existía unha hospedaría monacal, unha botica, catro mesóns, xastre, ferreiros de cabalos, oito arrieiros de viño do Ribeiro, e incluso dous traficantes que traían lenzos de teas dende Madrid[1].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Festas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Romaría da Franqueira.

A parroquia da Franqueira tamén e coñecida polas súas romarías. Celébranse dúas importantes cada ano. Unha é a das pascuillas, que se celebra o luns seguinte ó domingo de Pentecoste, na que acoden representacións de varias parroquias en procesión con cadansúa imaxe da Virxe. Cando chegan á Franqueira proceden a un ritual, que é o saúdo á Virxe da Franqueira, que fan tódalas imaxes da Virxe que van ese día á Franqueira.

A outra romaría celebrase os días 7, 8, 9 e o domingo seguinte do mes de setembro, que coincide co nacemento da Virxe María: nese día chega moita xente á Franqueira polo vieiro da Franqueira. Nesta romaría celébrase unha procesión ó acabar a celebración da eucaristía que vai acompañada por un grupo de 8 danzantes (catro homes e catro mulleres) que realizan as catro danzas (a dos paus, a dos arcos, a das cintas) e despois ten lugar a representación da loita entre os mouros e os cristiáns.

A Franqueira na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • A Virxe de Lurdes/ vai para a Franqueira/ visitar a santa/ Virxe compañeira [2].
  • Árdelle o carro,/ árdelle o eixe,/ árdelle o carro/ aos de Valeixe [3].
  • Batalláns xa chega/ coa súa santiña,/ e cara a Franqueira/ connosco camiña [4].
  • De Vilar a Virxe,/ garrida e xeitosa,/ pola nova ponte/ vén en busca nosa [2].
  • Virxe da Franqueira/ que tes un meniño,/ fainos levadeiro/ o longo camiño [2].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Franqueira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Franqueira no concello da Cañiza (Pontevedra)

Cebreiro | O Cocho | O Cotiño | A Franqueira | A Igrexa | Parada | Sendín

Parroquias da Cañiza[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Cañiza

As Achas (San Sebastián) | A Cañiza (Santa Teresa) | O Couto (San Bartolomeu) | A Franqueira (Santa María) | Luneda (Santa María) | Oroso (Santa María) | Parada das Achas (Santiago) | Petán (San Xián) | Valeixe (Santa Cristina)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historia na páxina web Franqueira.org
  2. 2,0 2,1 2,2 Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 393.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 269. Valeixe é lugar e parroquia (Santa Cristina) da Cañiza; tamén lugar de San Pedro de Crecente, do concello homónimo.
  4. Santa Eulalia de Batalláns é parroquia das Neves lindeira coa da Franqueira, na Cañiza. Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777, px. 393.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]