A Compañía do Ruído

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Companhia do Ruído
OrixeRibeira, Galiza
Período2002-
MembrosAlberto Millán (baixo), Suso Bello (voz e guitarra), Sabela (gaita), Martín (batería), Roi (percusión)
Na rede
páxina do grupo
Musicbrainz: e06282b3-2fc5-43eb-82e9-a2abea836630 Songkick: 1759443 Editar o valor em Wikidata

A Companhia do Ruído é unha banda de música fundada en Ribeira en 2002.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nace a finais do 2002, con membros procedentes doutras formacións. Comezan combinando temas de corte tradicional con ritmos máis actuais como a samba, o ska, o reggae, os ritmos balcánicos, ou o rock and roll. Comezan a dar concertos pola comarca da Barbanza e a ser coñecidos entre o público.

Na primavera do 2003 gravan o seu primeiro EP, Só existe ruído. Comparten escenarios con grupos como O Jarbanzo negro ou La Kinky Beat, en lugares de toda Galicia como Bueu ou O Grove, e mesmo Madrid, Donostia, Bergara ou Plasencia.

Entre o 7 e o 9 de xaneiro do 2004 gravan en directo no Auditorio de Ribeira o seu segundo traballo: Barruntando. Como o anterior, está producido por eles mesmos, e conta coa colaboración de diversos artistas da zona. Ese ano tocan con Cheb Balowski, Alberto Mbundi, Cuchufellos, Río Bravo, La Gran Orquesta Republicana, A Matraca Perversa ou Lamatumbá.

A finais de 2005 gravan o seu terceiro álbum, A Compañía do Ruído, nos estudios Bonjan da Coruña. Un disco con 16 temas que segue a mesma liña musical e festiva, combinada con letras de corte social, pero sempre desde un punto de vista irónico. Colaboran músicos como Marquiños Viascón (Garbanzo Negro), Lorenzo Castro (O Vendaval do Rosal), Pablo Bicho, Mestre Foscaldo, Paulino González ou Juan Sieira (Auga de Beber).

No ano 2007 participan no recompilatorio 120 capadores, de homenaxe ós Diplomáticos de Monte-Alto, co tema "Bestilleiro".

Tras un breve parón no ano 2010 gravan o seu quinto traballo, Había de chover merda, un disco con 10 temas e cun son moito máis punk que os anteriores discos, pero sen perder a esencia de festa e de taberna. E no ano 2013 volven ao estudo para gravar Pensares Galegos.

No ano 2017 a Compañía do Ruído estivo inmersa na presentación do seu sétimo traballo discográfico, O Punchi Must Go On, como consecuencia do proxecto audiovisual “12 meses, 12 punchis”, que consta de 12 temas orixinais, grabados durante os 12 meses, cos seus correspondentes videoclips. Neste proxecto, que aposta por unha temática social e reivindicativa, colaboran artistas como García MC, Pulpiño Viascón, Trópico de Grelos ou Ismael da Fanfarria Taquikardia, e varias escolas de música.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]