A Braña, Baleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°05′N 07°16′O / 43.083, -7.267

A Braña
ABrañaigrexa1.jpg
Igrexa parroquial
Concello Baleira
Área 5,55 km²
Poboación 61 hab. (2013)
Densidade 10,99 hab./km²
Entidades de poboación 3

San Miguel da Braña é unha parroquia do concello lugués de Baleira. No ano 2013 tiña 61 habitantes, agrupados en 3 entidades de poboación (Abrairas, con 13 habitantes, A Braña con 16 e Millares con 32), cunha densidade media de 11 hab/km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

A súa altitude media é de 620 metros. Limita coas parroquias de Retizós (ao norte), Cubilledo (ao leste) e Fonteo (ao sur), e con Montecubeiro ao oeste (xa do concello de Castroverde).

Historia[editar | editar a fonte]

Pertence ó arciprestado de Luaces. Era beneficio eclesiástico que presentaba o Marqués de Alcañices e o Señor de Vilacide. Noutros documentos figura coma presenteiro o Conde de Villanova de Caneda.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Entre os seus monumentos relixiosos destaca a Capela de Abrairas e a igrexa parroquial.

A capela de Abrairas é unha pequena capela de planta rectangular de construción popular. Solicitouse a construción en 1766 alegando que estaba moi distante á igrexa parroquial, máis de un cuarto de legua, e que o camiño tiña moita lama cando chovía. Foi bendita en 1769. Os muros son de cachotaría e cantaría de granito e lousa, e a cuberta de lousa a dúas augas. Coñécese baixo a advocación de San Ramón Nonato.

A igrexa parroquial de San Miguel sitúase na aldea da Braña. Foi edificada no século XVII, con profundas reformas ao longo do tempo. Ten planta rectangular e presbiterio da mesma forma. Nun lateral está acaroada a sancristía, de planta rectangular e con acceso dende o presbiterio e dende fóra por unhas portadas alinteladas. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de granito e lousa, e a cuberta de lousa a dúas e catro augas. O arco triunfal de acceso ao presbiterio é de medio punto con imposta. A portada principal é alintelada e culmina no frontis cunha espadana sinxela dun so vano. Só conserva un retablo na capela maior, de estilo barroco.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Braña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Braña no concello de Baleira (Lugo)

Abrairas | A Braña | Millares


Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias de Baleira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]