Axencia Estatal de Meteoroloxía
Axencia Estatal de Meteoroloxía | |
---|---|
Acrónimo | AEMet e AEMet |
Tipo | government agency e serviço meteorológico |
Área de operación | España |
Data de fundación | 12 de agosto de 1887 |
Organización matriz | Ministerio para a Transición Ecolóxica |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
https://www.aemet.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) é unha Axencia Estatal de España, cuxo obxectivo básico é a prestación de servizos meteorolóxicos, que sexan competencia do Estado. Foi creada por Real Decreto 186/2008 de 8 de febreiro de 2008 (Boletín Oficial do Estado n.º 39 de data 14 de febreiro de 2008), substituíndo ao antigo Instituto Nacional de Meteoroloxía. Está adscrita ao Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Secretaría de Estado de Medio Ambiente.
Segundo o Decreto de creación ten personalidade xurídica pública, patrimonio e tesouraría propios, e autonomía de xestión dentro dos límites estabelecidos pola Lei de Axencias Estatais.
Ademais de exercer a autoridade meteorolóxica, representa a España perante os organismos internacionais de meteoroloxía, que fundamentalmente son a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), a Organización Europea para a Explotación de Satélites Meteorolóxicos (EUMETSAT), e o Centro Europeo de Previsións Meteorolóxicas a Prazo Medio (CEPMPM).
Historia
[editar | editar a fonte]O antecesor desta axencia foi, como quedou dito, o Instituto Nacional de Meteoroloxía (INM), que era o organismo ficial da Administración do Estado responsábel de dirixir, xestionar e planificar todo tipo de tarefas meteorolóxicas de calquera natureza no ámbito nacional de España. O INM ten a súa orixe no ano 1887 cando, mediante un Real Decreto en tempos da raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena, creouse o Instituto Central Meteorolóxico, un pequeno organismo encargado de recompilar os datos dos diferentes observatorios meteorolóxicos. Case un século antes, o tempo xa era unha preocupación no terrritorio español, pois as primeiras observacións meteorolóxicas datan da primeira metade do século XVIII.[1]
Desde o punto de vista galego, e da muller, ccómpre salentar que a científica e meteoróloga galega Pilar Sanjurjo Carro, experta en predición marítima, accedeu mediante unha oposición ao Corpo Facultativo de Meteorólogos (hoxe denominado Corpo de Meteorólogos do Estado) e que, xunto a Dolores Parra, foron as primeiras mulleres que, despois da Guerra Civil, accederon por oposición libre a este corpo. Sanjurjo, tras o seu paso pola TVE (foi a primeira muller en poñerse diante das cámaras para realizar a predición do tempo),[2] incorporouse ao Instituto Nacional de Meteoroloxía, no que desempeñou o cargo de xefa de quenda do Centro Nacional de Predición até a súa xubilación a principios dos aons 2000.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Meteorología en eltiempo.es. Consultado o 8 de abril de 2022,
- ↑ Rodríguez, Paco (7 de abril de 2022). "Muere Pilar Sanjurjo, la primera mujer del tiempo de la televisión en España". La Razón. Consultado o 8 de abril de 2022.
- ↑ M., D. (7 de abril de 2022). "Muere Pilar Sanjurjo, la primera mujer del tiempo de la televisión española". El Correo. Consultado o 8 de abril de 2022.