Saltar ao contido

21 Lutetia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
21 Lutetia
 Instancia de
 Epónimo
 Designación provisional
A852 VA Editar o valor en Wikidata
 Época
 Astro pai
 Grupo menor
 Tipo espectral de asteroide
Características orbitais
Apoapse2,8351100760813 ua Editar o valor en Wikidata
Periastro2,0329372794898 ua Editar o valor en Wikidata
Argumento de periastro249,93984690834 ° Editar o valor en Wikidata
Excentricidade orbital0,16478327715391 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital3,064 ° e 3,0645686845334 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital1.387,0292665674 d Editar o valor en Wikidata
Período de rotación8,1655 h Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior2,4340236777855 ua Editar o valor en Wikidata
Lonxitude do nó ascendente80,837110656529 ° Editar o valor en Wikidata
Anomalía media246,81006885185 ° Editar o valor en Wikidata
Tempo de periapse2.461.436,6048533 Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro98 km Editar o valor en Wikidata
Densidade3,4 g/cm³ Editar o valor en Wikidata
Albedo0,221 e 0,19 Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta7,49 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Acontecementos
 Data descuberta
15 de novembro de 1852 Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Localización descubrimento
Códigos e identificadores
Freebase/m/02pxcp Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

21 Lutetia é un asteroide pertencente ó cinto de asteroides e dun tipo espectral infrecuente. Mide uns 100 km de diámetro (aproximadamente 130 km no seu eixo máis longo). Foi descuberto en 1852, e o seu nome provén da denominación latina de París. É o asteroide máis grande visitado por unha sonda, a nave Rosetta.

Descubrimento e exploración

[editar | editar a fonte]

Lutetia foi descuberto o 15 de novembro de 1852 por Hermann Goldschmidt desde o balcón do seu apartamento en París.[1][2] Entre novembro e decembro de 1852 o astrónomo alemán Georg Rümker e outros calcularon unha órbita preliminar.[3] En 1903 foi fotografado en oposición por Edward Pickering desde o observatorio de Harvard, calculándolle unha magnitude na oposición de 10,8.[4]

Órbita de 21 Lutetia e a súa posición o día 1 de xaneiro de 2009.

Hai rexistros de dúas ocultacións estelares de Lutetia, observadas desde Malta en 1997 e Australia en 2003, cunha única franxa observada en cada unha, e producindo resultados que máis ou menos coinciden coas medicións do satélite IRAS.

O 10 de xullo de 2010 a sonda espacial Rosetta, da ESA, aproximouse a Lutetia a unha distancia mínima de 3168 ± 7.5 km a unha velocidade de 15 km/s mentres ía de camiño ó seu encontro co cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko.[5] O achegamento proporcionou imaxes cunha resolución de ata 60 metros por píxel[6]. Entre os instrumentos de medida tamén se atopaban espectrómetros e experimentos de campo magnético, plasma, po e radio[6]. Os datos recollidos axudarán a determinar se Lutetia é un asteroide indiferenciado de clase C ou un asteroide de tipo M[6]. Antes de Lutetia, o asteroide máis grande visitado fora 253 Mathilde.

Características

[editar | editar a fonte]

O sobrevoo de Rosetta desmostrou que a masa de Lutetia é de 1,7x1018 quilogramos[6], menor que os 2,57x1018 kg estimados antes do sobrevoo.[7]

Composición

[editar | editar a fonte]

A composición de Lutetia foi un enigma para os científicos durante un tempo, aumentando as investigacións en anticipación do sobrevoo de Rosetta. Aínda que foi clasificado como un asteroide de tipo M[8], a maior parte dos cales son metálicos, Lutetia é un dos membros anómalos e non mostra grande evidencia de metal na súa superficie. De feito hai indicios dunha superficie non metálica: un espectro plano e de baixa frecuencia, similar ó das condritas carbonáceas e asteroides de tipo C e distinto do espectro dos meteoritos metálicos, un baixo albedo de radar a diferenza dos altos albedos de asteroides metálicos como 16 Psyche, evidencia de materiais hidratados na superficie, abundancia de silicatos e unha capa máis grosa de regolito que na maioría de asteroides. Sospéitase que a densidade de Lutetia é alta, da orde de 5 g/cm3.

A sonda Rosetta descubriu que Lutetia está cuberto por unha capa de regolito duns 600 m de espesor, que suaviza as formas de moitos grandes cráteres.

Forma e inclinación axial

[editar | editar a fonte]

As fotografías tomadas por Rosetta confirmaron os resultados da análise de 2003 da curva de luz que describía Lutetita como aproximadamente unha esfera con trazos irregulares. Un estudo levado a cabo por I. N. Belskaya et al entre 2004 e 2009 propoñía que "Lutetia ten unha forma non convexa, probablemente debido a un gran cráter"; aínda non está claro se as observacións de Rosetta apoian esta afirmación. A análise da curva de luz tamén indicou que os polos de Lutetia apuntan cara ás coordenadas eclípticas (β, λ) = (3°, 40°) ou (β, λ) = (3°, 220°), con 10º de incerteza, implicando unha inclinación axial de 85º ou 89º, respectivamente, o que significa que o eixo de rotación está aproximadamente paralelo á eclíptica, de forma parecida ó planeta Urano.

Nomenclatura

[editar | editar a fonte]

En marzo de 2011 o grupo de traballo para a nomenclatura planetaria da Unión Astronómica Internacional acordou un esquema para nomear os trazos xeográficos de Lutetia. Dado que Lutetia (que tamén lle deu nome ó elemento químico Lutecio) era unha cidade romana (París), os cráteres dos seus asteroides levarían nomes de cidades do Imperio Romano e das partes adxacentes de Europa durante o tempo no que Lutetia existiu. As súas rexións serán nomeadas segundo o descubridor de Lutetia (Goldschmitt) e segundo as provincias do Imperio Romano do tempo de Lutetia. Outros trazos serán nomeados en base a ríos do Imperio Romano e das partes adxacentes de Europa no momento de existencia de Lutetia.

  1. Dionysius Lardner (1867). Handbook of astronomy. James Walton.
  2. Goldschmidt, H. (1852). "Discovery of Lutetia Nov. 15". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 12: 213.
  3. Leuschner, A. O. (1935). "Research surveys of the orbits and perturbations of minor planets 1 to 1091 from 1801.0 to 1929.5". Publications of Lick Observatory 19: 29.
  4. Pickering, Edward C. (1930). "Missing Asteroids". Harvard College Observatory Circular 69: 7 e 8.
  5. Barucci, M. A.; Fulchignoni, M.; Rossi, A. (2007). "Rosetta Asteroid Targets: 2867 Šteins and 21 Lutetia". Space Science Reviews 128 (1-4): 67–78.
  6. 1 2 3 4 Amos, Jonathan (4 October 2010). "Asteroid Lutetia has thick blanket of debris". BBC News.
  7. Jim Baer (2008). "Recent Asteroid Mass Determinations". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2013.
  8. "JPL Small-Body Database Browser: 21 Lutetia". 13 de xuño de 2010.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]