Óscar de Marcos
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (es) Óscar de Marcos Arana 14 de abril de 1989 Elciego, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,82 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 76 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Extremo, centrocampista e lateral | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 18 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Óscar de Marcos Arana, nado en Laguardia (Áraba) o 14 de abril de 1989, é un futbolista español. Xoga de defensa no Athletic Club, sendo o segundo futbolista con máis partidos na historia do club.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 14 de abril de 1989 na localidade vasca de Laguardia, na Rioxa Arabesa, no seo dunha familia afeccionada ao Athletic Club, sendo seu pai Víctor un dos fundadores da Peña Athletic Club de Rioja Alavesa.[1] Con 12 anos e despois de gañar un torneo co equipo de fútbol 7 Rioja Alavesa Luzerna do seu pobo, no que derrotou ao Alavés, incorporouse á disciplina do club branco e azul.[2][3]
No verán de 2008 subiu ao Deportivo Alavés B e a mediados da tempada 2008/09 debutou co primeiro equipo na Segunda División, nun partido ante o Tenerife en Mendizorrotza. Foi titular nas dúas seguintes xornadas, nas que marcou senllos goles ante o Celta de Vigo e o Alicante. En xullo de 2009, tras consumar o Alavés o descenso á Segunda División B, foi traspasado polo Athletic Club.[4]
Disputou o seu primeiro partido coa camiseta do Athletic o 6 de agosto de 2009, nun partido da Copa da UEFA ante o Young Boys suízo e 10 días despois marcou o seu primeiro gol, na ida da Supercopa de España contra o FC Barcelona. Asentado na titularidade a partir da tempada 2011/12, militou no club biscaíño durante 16 anos, converténdose no segundo futbolista con máis partidos na historia do club, só por detrás de Iribar.[1]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Athletic Club
- Copa do Rei (1): 2023/24.
- Supercopa de España (2): 2015, 2021.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "De Marcos cuelga las botas". Marca (en castelán). 19 de febreiro de 2025. Consultado o 26 de febreiro de 2025.
- ↑ "De Marcos en su paraíso" (en castelán). 12 de outubro de 2011. Consultado o 26 de febreiro de 2025.
- ↑ "De Marcos: "El Rioja Alavesa Luzerna es el único equipo que me ha perseguido"" (en castelán). 21 de abril de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2025.
- ↑ "El Alavés vende a De Marcos al Athletic" (en castelán). 11 de xullo de 2009. Consultado o 26 de febreiro de 2025.