Óscar Alzaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Óscar Alzaga
Oscaralzaga29nov2012ur.jpg
Nacemento 29 de maio de 1942
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación avogado e político
Premios sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Óscar Alzaga Villaamil, nado en 1942 en Madrid, é un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito, avogado mercantilista e catedrático de dereito político, pola súa actividade política foi confinado no concello de Cuevas de Ágreda (Soria) no ano 1969.

Foi un dos fundadores da UCD, deputado no Congreso dos Deputados (1978-1982), e un dos responsables do afundimento da UCD ó fundar o Partido Demócrata Popular no ano 1982, aliado de Alianza Popular co que formou Coalición Democrática. Foi deputado con ela entre os anos 1982 e 1986, ano no que o PDP rompeu os seus acordos con AP e Alzaga renunciou ó seu escano, e tralos malos resultados do seu partido retirouse da política.