Órix branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Órix branco
Oryx Dammah.jpg
Estado de conservación
Extinto en estado salvaxe
Extinto en estado salvaxe[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Hippotraginae
Xénero: Oryx
Especie: O. dammah
Nome binomial
Oryx dammah
Cretzschmar, 1826

O órix branco (Oryx dammah), tamén chamado órix de cornos de cimitarra, é unha especie de Oryx que outrora vivía nunha ampla zona a través do norte de África, pero que se extinguiu en liberdade en 2000. É unha especie de antílope africano da subfamilia Hippotraginae. É a única especie de Oryx que posúe cornos curvos, o que lle dá o nome común. O seu aspecto é adoito no xénero, pero os seus cornos cúrvanse cara a atrás en forma de cimitarra e a súa pelaxe, aínda que branca, é de cor avermellada nas patas e o pescozo, mentres que a máscara facial é case ausente.

Esta especie presenta a particularidade de que foi domesticada no Antigo Exipto como animal produtor de carne. Eventualmente, a súa domesticación caeu en desuso por mor da agresividade da especie. Distribuíase por todo o territorio sahariano.

Conservación[editar | editar a fonte]

Por mor da caza excesiva e a competencia co gando doméstico, foi declarado extinto en estado salvaxe, mais consérvanse exemplares en catividade. O informe de outubro de 2008 da Unión Mundial para a Conservación da Natureza considerouno extinto en estado salvaxe, aínda que hai uns 1 250 exemplares en catividade (en 1996), e existe un plan en Túnez para a súa reintrodución.

Entre os intentos de conservación destaca a introdución desta especie no Parque nacional de Souss-Massa, en Marrocos, co obxectivo de aclimatalo a condicións naturais e proceder, posteriormente, á súa liberación na súa antiga área de distribución cando se poida garantir a súa supervivencia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]