Rita Maestre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rita Maestre
Candidatura de Ahora Madrid - Rita Maestre 04 (cropped).jpg
Nome completoRita Maestre Fernández
Nacemento13 de abril de 1988
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Rita Maestre Fernández, nada en Madrid13 de abril de 1988, é unha política e activista española, concelleira do Concello de Madrid, onde ademais desempeña as funcións de voceira e de Coordinadora da Xunta de Goberno e Relacións co pleno. Forma parte do Consello Cidadán de Podemos, onde é responsable da área de Políticas de Benestar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio madrileño de Ventas o 13 de abril de 1988.[1] A súa nai traballa no concello e o seu pai, Luis Maestre, na axencia tributaria de Madrid.[2] Eles están tamén involucrados en Podemos.[3] Estudou Ciencias Políticas na Facultade de Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid e está a realizar un posgrao en Economía Internacional. Foi activista do movemento estudantil contra o Proceso de Boloña, e participou na asociación anticapitalista Contrapoder da Facultade de Políticas e Socioloxía, no movemento 15M e na colectivo Mocidade Sen Futuro.

O 15 de novembro de 2014, foi elixida responsable da área de Políticas de Benestar do Consello Cidadán de Podemos e é tamén responsable da área de Estratexia e Campañas do Consello Cidadán de Madrid.[4]

Nas eleccións municipais de maio de 2015 ocupou o posto n.º 5 de Ahora Madrid na lista liderada por Manuela Carmena. No actual goberno municipal de Madrid é a voceira e asume tamén a Coordinación da Xunta de Goberno e Relacións co Pleno.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]