Étienne Cartier
![]() Retrato de Étienne Cartier | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de outubro de 1780 Tours, Francia ![]() |
Morte | 12 de xullo de 1859 (78 anos)![]() |
Director Revue Numismatique | |
1836 – 1856 | |
Municipal councillor of Tours (en) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | ![]() |
Educación | Collège de Pontlevoy (en) ![]() ![]() |
Q89547790 | Director de Revue numismatique. |
Actividade | |
Campo de traballo | Empresa téxtil, numismática e , historiografía. |
Ocupación | Drug Trafficker (en) ![]() ![]() ![]() |
Empregador | Comité des travaux historiques et scientifiques . Société d'encouragement pour l'industrie nationale. Société nationale des antiquaires de France. Conseil général des manufactures. Société d'agriculture, sciences, arts et belles-lettres du département d'Indre-et-Loire. |
Partido político | Legitimismo (pt) ![]() ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Familia | Q72314055 ![]() ![]() |
Cónxuxe | Judith Thérèse Gaillard (1809). ![]() |
Fillos | Étienne Cartier ![]() |
Premios | |
Cabaleiro da Lexión de Honra (1856). | |
Étienne Cartier, nado en Tours o 11 de outubro de 1780 e finado en Amboise o 22 de xullo de 1859, foi un home de negocios, numismático e historiador da arte francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Étienne-Jean-Baptiste Cartier era fillo de Madeleine-Perrine Champoiseau (1763-1809) e de Étienne-Alexandre-Gatien Cartier (1755-1830), un comerciante e produtor de seda. Foi bautizado o 12 de outubro de 1780 na parroquia de St. Pierre le Puellier, na súa cidade natal de Tours.[1]
Logo de cursar os seus estudos superiores no colexio da abadía de Pontlevoy, en Loir e Cher, incorporouse ao negocio téxtil familiar, asumindo a dirección do establecemento comercial de Tours. En 1812 foi admitido como membro da Sociedade de Fomento da Industria Nacional.[1][2]
Durante os Cen Días, foi membro da Sociedade de Cabaleiros do Anel e da Sociedade dos Francos Rexenerada, e participou nos movementos realistas de Touraine e Vendée. Baixo a Segunda Restauración, foi concelleiro e xuíz do Tribunal de Comercio de Tours (1824). Tamén foi membro do Consello Xeral de Manufacturas e caixeiro da Casa da Moeda de París (1825).[1]
De volta ao ámbito privado, logo da revolución de xullo de 1830, instalouse en Amboise e dedicouse a traballos históricos, literarios e científicos, con especial interese pola numismática. Baseándose sobre todo nos arquivos do Concello de Tours, preparou unha nota sobre o estado da manufactura da seda baixo Lois XI.[1][2]
Colaborou coa Sociedade de Agricultura, Ciencias, Artes e Letras de Indre-et-Loire; foi admitido como membro correspondente da Sociedade de Anticuarios de Francia en 1834 e fundou a Revue de la numismatique française en 1835, xunto con Louis de La Saussaye, con quen compartiu a súa dirección entre 1836 e 1855.[1][3] Tamén foi membro do Comité dos Traballos Históricos e Científicos de Francia, da Sociedade Académica dos Anticuarios da Morinie e da Sociedade de Anticuarios do Oeste.[2]
A súa obra máis sobranceira é unha serie de artigos publicados entre 1836 e 1842 na Revue de la numismatique fraçaise (posteriormente chamada Revue numismatique), coa que intentou reconstruír a historia da moeda francesa, baixo o título xenérico de "Lettres sur l´histoire monétaire de France". Na mesma revista publicou tamén abundantes artigos acerca de variados aspectos da numismática francesa.[4]
En 1856 concedéuselle o título de cabaleiro da Lexión de Honra.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Étienne Cartier casou o 12 de setembro de 1809 con Judith Thérèse Gaillard, filla de Claude Auguste Gaillard, xuíz do tribunal de Blois, e de Anne Tournyer. Con ela tivo un fillo e dúas fillas: Étienne Cartier (1813-1887),[5] Caroline Cartier e Pauline Cartier.[1]
Étienne cartier finou en Amboise o 22 de xullo de 1859, aos 78 anos.[1][2]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos publicados por Étienne Cartier ao longo da súa traxectoria:
- (1836-1842). "Lettres sur l´histoire monétaire de France". En Revue de la numismatique françoise.
- (1836). "I: Notions préliminaires". Páxinas 61-75.
- (1836). "II: Numismatique gauloise, gallo-grecque et gallo-romaine". Páxinas 141-161.
- (1836). "III: Monnoies Mérovingiennes". Páxinas 389-412.
- (1837). "III (supplément): Monnoies Mérovingiennes". Páxinas 181-192.
- (1837). "IV: Monnoies de la IIe race". Páxinas 251-274.
- (1837). "IV (supplément): Monnoies de la IIe race". Páxinas 334-346.
- (1838). "V: Monnoies de la IIIe race jusqu'à Charles VI". Páxinas 90-109.
- (1838). "VI: Monnoies de la IIIe race depuis Charles VI jusqu'à Henry IV". Páxinas 368-388.
- (1839). "VII: Nouvelles considérations sur les Monnoies Mérovingiennes". Páxinas 417-440.
- (1841). "VIII: Établissement du système décimal". Páxinas 127-154.
- (1841). "IX: Monnoies Baronales". Páxinas 256-284.
- (1842). "X: Monnoies historiques". Páxinas 289-295.
- (1837). "Notes pour servir a l'histoire monétaire des provinces de France". En Revue de la numismatique françoise. Páxinas 37-56.
- (1847). Du symbolisme chrétien dans l'art. Impr. Lecense, Tours.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Étienne-Jean-Baptiste Cartier". Geneanet.org
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Cartier Étienne Juan-Baptiste". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).
- ↑ "Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. (1986). "La Revue Numismatique a 150 ans". En Revue Numismatique. Páxina 47.
- ↑ Véxase "Bibliografía".
- ↑ "Cartier, Étienne". En Dictionnaire critique des historiens de l’art. Institut national d'histoire de l'art (INHA.fr).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- De La Saussaye, L. (1860), Notice biographique sur M. E. J. B. Cartier. Rollin, París.
- Carré de Busserolle, J. X. (1879). "Cartier (Étienne-Jean-Baptiste)". En Dictionnaire géographique, historique et biographique d'Indre-et-Loire et de l'ancienne province de Touraine. Vol. II. Société archéologique de Touraine, Tours. Páxinas 31-32.