É pecado
É pecado (en inglés: It's a Sin) é unha miniserie de televisión británica escrita por Russell T Davies. Ambientada en Londres entre 1981 e 1991, conta a historia de mozos gais e os seus amigos durante a crise de Sida/VIH. É pecado está protagonizado por Olly Alexander, Omari Douglas, Callum Scott Howells, Lydia West e Nathaniel Curtis. O resto do elenco está composto por David Carlyle, Keeley Hawes, Shaun Dooley, Tracy Ann Oberman, Neil Patrick Harris e Stephen Fry. Foi dirixida por Peter Hoar, producida por Red Production Company, e estreada orixinalmente no Reino Unido a través de Channel 4 o 22 de xaneiro de 2021.
Estreouse en galego o 7 de xuño de 2024 a través da plataforma AGalega.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A serie segue a un grupo de homes homosexuais que se mudan a Londres en 1981. Forman un grupo de amizade pero a rápida aparición da Sida/VIH no Reino Unido afecta as súas vidas. Ao longo de cinco episodios móstrase o grupo vivindo unha década enteira ata 1991, mentres se determinan a vivir a pesar da ameaza que o VIH supón para eles.[2][3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Olly Alexander como Ritchie Tozer[4]
- David Carlyle como Gregory "Gloria" Finch[5]
- Nathaniel Curtis como Ash Mukherjee[4]
- Shaun Dooley como Clive Tozer[4]
- Omari Douglas como Roscoe Babatunde[4]
- Callum Scott Howells como Colin "Gladys Pugh" Morris-Jones[4][6]
- Tracy-Ann Oberman como Carol Carter[4]
- Lydia West como Jill Baxter[4]
- Keeley Hawes como Valerie Tozer[4]
- Neil Patrick Harris como Henry Coltrane[4]
- Stephen Fry como Arthur Garrison MP[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ agalega.gal (ed.). "É pecado en galego na Galega". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2024. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ Scott, Darren; Milton, Josh (25 de xaneiro de 2021). "Russell T Davies' seminal AIDS drama It's a Sin was almost never made after being turned down by TV bosses". PinkNews. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ Williams, Kathryn (15 de xaneiro de 2021). "It's a Sin: Air date, who's in it and what's it about?". Wales Online. Consultado o 6 de febreiro de 2021.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 "Meet the cast of Channel 4 drama It's A Sin". Radio Times (en inglés). 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ Schifano, Izzy (22 de xaneiro de 2021). "Meet the cast of It's A Sin, and where you recognise the actors from". The Tab. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
- ↑ Cannon, Nicholas (19 de xaneiro de 2021). "Callum Scott Howells from 'It's A Sin' on playing Colin, aka Gladys Pugh!". Whattowatch.com. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Series de televisión en lingua inglesa
- Series de televisión de HBO Max
- Series de televisión iniciadas en 2021
- Series de televisión finalizadas en 2021
- Series de televisión do Reino Unido
- Series de televisión ambientadas na década de 1980
- Series de televisión ambientadas na década de 1990
- Series de televisión con versión galega