Aethelweard (historiador)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 970 |
Morte | p. 998 (13/23 anos) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador |
Familia | |
Familia | Casa de Wessex (pt) |
Fillos | Etelmar |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Encyclopædia Britannica |
Aethelweard (Æthelweard ou Ethelward), finado c. 998, foi un historiador anglosaxón, descendente de Aethelred de Wessex (que era irmán de Alfredo o Grande), e ealdorman ou "conde das provincias occidentais".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]As primeiras cartas que citan a Aethelweard como ministro xurdiron tras a subida ao trono de Eadwig, en 955, e iso probabelmente estea relacionado co casamento do rei con Aelgifu, supostamente a súa irmá. Esta Aelgifu é identificada coa nobre deste nome, que no seu testamento deixa legados a un irmán co nome de Aethelweard, e a outro irmán, Aelfweard.
Aethelweard asina como duque ou ealdorman en 973, e foille recoñecida a primacía entre os ealdormen tras 993. Continúa a asinar como testemuña até 998, cando debeu ocorrer a súa morte. O dominio territorial de Aethelweard era sobre as "provincias occidentais" do país, probabelmente a península suroeste da Gran Bretaña. Seu irmán Aelfweard, un discthegn real, ou funcionario doméstico, continúa a asinar como ministro até 986.
En 991, Aethelweard asociouse ao arcebispo Sigeric na conclusión dun tratado de paz cos vitoriosos viquingos da batalla de Maldon, e en 994 foi enviado xuntamente co bispo Alfege de Winchester para facer a paz con Olaf Tryggvason, en Andover, Hampshire.
Aethelweard foi amigo e patrono de Aelfric de Eynsham, que no prefacio da súa Vidas dos santos, en inglés antigo, a dedica a Aethelweard e a seu fillo Aethelmaer.
Familia
[editar | editar a fonte]En 957, o rei Eadwig, bisneto do irmán do rei Aethelred I, Alfredo o Grande, tivo que se divorciar da pretendida irmá de Aethelweard, Aelgifu, por motivos de consanguinidade, e na introdución da súa Crónica, en latín, Aethelweard afirma ser o "neto do neto" do rei Aethelred.
Ten sido postulado que Aethelweard e seus irmáns Aelfweard, Aelgifu e Aelfwearu eran fillos de Eadric, ealdorman de Hampshire. Esta identificación baséase en posesións de Aelgifu de propiedade de Risborough, que pertencera á nai de Eadric, Aethelgyth, esposa do ealdorman Aethelfrith de Mercia.
Unha posíbel construción é que seu suposto avó Aethelfrith era neto do rei Aethelred I a través de seu fillo Aethelhelm. Esta conexión real, dalgún modo, explica o enorme prestixio de que gozaban os fillos de Aethelfrith.
Asumindo que a identificación de Aethelweard como irmán de Aelgifu for correcta, súa nai foi Aethelgifu de cuxa compañía Eadwig gozou xunto coa da súa filla mentres escapaba da súa coroación. Aelgifu deixa un legado para unha Aethelfled, que é esposa de Aethelweard, ou súa cuñada.
Aethelweard foi pai de Aethelmaer, o Bravo, que foi ealdorman das provincias occidentais até o fin do reinado de Aethelred II. Aethelmaer foi pai de Æthelnoth, que se tornou Arcebispo da Canterbury en 1020, e máis tarde foi considerado como santo; e de Aethelweard, executado polo rei Canuto en 1017. Aethelmaer tamén ten sido provisoriamente identificado como pai de Wulfnoth Cild, que foi pai de Godwin de Wessex, e avó do rei Harold II.
Obra
[editar | editar a fonte]Despois de 975, e probabelmente antes de 983, Aethelweard escribiu Chronicon, unha tradución en latín da Crónica anglosaxoa, incluíndo material que non se atopa nas versións sobreviventes en inglés antigo.
Aethelweard escribiu a súa obra a petición da súa parente Mathilde abadesa do mosteiro de Essen, Alemaña e neta do emperador Otón I e Eadgyth de Wessex, para axudala no deber de manter a lembranza dos parentes mortos. Moi probabelmente Mathilde recompensouno cunha copia da obra De Re Militari, de Vexecio escrita en Essen e que perdurou longo tempo en Inglaterra.
A súa narrativa é altamente retórica, e por veces moi escura. Máis tarde, o historiador medieval Guillerme de Malmesbury comenta sobre el:
- "... un carácter nobre e ilustre, que tentou organizar estas crónicas en latín, e cuxa intención eu podería aplaudir, se a súa linguaxe non me repugnase sería mellor ficar calado..."