Árni Magnússon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Árni Magnússon
Arni Magnusson drawing.jpg
Nacemento13 de novembro de 1663
Lugar de nacementoDalasýsla
Falecemento7 de xaneiro de 1730
Lugar de falecementoCopenhague
NacionalidadeIslandia
Alma máterUniversidade de Copenhague
Ocupaciónprofesor universitario, académico e historiador
editar datos en Wikidata ]

Árni Magnússon (ou Arne Magnussen en danés) (1663 - 1730) foi un investigador islandés, considerado un dos heroes nacionais de Islandia.

Neto e fillo de pastores luteranos, en 1782 marchou a Copenhaguen para estudar na universidade, ao rematar converteuse en axudante de Thomas Bartholin, o anticuario real. Entre 1695 e 1697 viaxa por Alemaña e nese ano aséntase definitivamente na capital dinamarquesa. Foi profesor da Universidade de Copenhaguen dende 1701. Entre 1703 e 1713 estivo en Islandia como membro da Comisión Real encargada de mellorar as condicións dos islandeses e de realizar o censo. Magnússon recolleu 2.000 documentos medievais islandeses no coñecido como Códice Arnamagnæan, o máis antigo deles do século XII.