Universidade de Copenhague
| Universidade de Copenhague | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||
A Universidade de Copenhague (en dinamarqués: Københavns Universitet) é a meirande e máis antiga universidade e instituto de investigación de Dinamarca. Fundada en 1479, é a segunda universidade máis antiga de Escandinavia despois da Universidade de Uppsala, en Suecia.
A Universidade de Copenhague consta de seis facultades e catro campus, todos situados en Copenhague.[1] En total ten 36 departamentos e 122 centros de investigación, así como varios museos e xardíns botánicos dentro e fóra da capital danesa.[2] A Universidade posúe tamén varias estacións de investigacións en Dinamarca, incluídas dúas en Groenlandia.[3][4] Ademais, a Facultade de Ciencias Médicas e da Saúde e os hospitais públicos da rexión Capital e de Selandia constitúen o Hospital Universitario de Copenhague.[5]
A data de outubro de 2022, 10 premios Nobel e 1 premio Turing estiveron asociados coa Universidade como estudantado ou profesorado.[6][7] Entre os seus egresados hai un presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas e 24 primeiros ministros do país.
Historia e características
[editar | editar a fonte]
Foi fundada en 1479, e en 2010 contaba con arredor de 37.000 estudantes, a maioría mulleres (o 59%), e con máis de 7.000 empregados. A Universidade conta con diversos campus distribuídas na cidade de Copenhaguen e na área metropolitana (Stor København). Os máis dos cursos son impartidos en lingua dinamarquesa, malia que tamén existe oferta en inglés, e máis reducida en alemán. A Universidade ten case 3.000 estudantes estranxeiros, metade dos cales proveñen doutros países nórdicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Faculties". Universidade de Copenhague (en inglés). 2008-09-16. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "Museums and attractions". Universidade de Copenhague (en inglés). 2008-09-16. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "Areas of research". Universidade de Copenhague (en inglés). 2019-05-28. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "Feltstationer". science.ku.dk (en dinamarqués). 2012-05-15. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "Københavns Universitetshospital". Lex (en dinamarqués). 2012-10-29. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "Nobelpristagere". universitetshistorie.ku.dk (en dinamarqués). 2013-08-03. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "Peter Naur - A.M. Turing Award Laureate". amturing.acm.org. Consultado o 2025-12-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Universidade de Copenhague |