Ángela Rivera Baliño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngela Rivera Baliño
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1888 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte1985 Editar o valor em Wikidata (96/97 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncociñeira Editar o valor em Wikidata

Ángela Rivera Baliño, nada en Betanzos o 12 de marzo de 1888 e finada na mesma vila en 1985, foi unha cociñeira galega, creadora da tortilla de patacas ao estilo de Betanzos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xunto co seu marido, Pedro Pérez Rivera, creou en 1910 o restaurante La Casilla, situado na Casilla (Brabío), a carón dunha caseta de legoeiros da estrada N-VI. A súa nai e a súa avoa foran cociñeiras no Fontelo. A casa de comidas La Casilla era un local humilde cun banco corrido, disposición habitual das tabernas da zona.[1]

Herdou o negocio a súa sobriña, Ángela Fraga Rivera, tamén coñecida co alcume de Angelita e que logrou un salto importante no recoñecemento do local e da súa tradición na elaboración de tortilla de patacas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sueiro, Jorge Víctor (7 de decembro de 1985). "Los 50 mejores restaurantes: Las Casillas". La Voz de Galicia. ISSN 1888-5160. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]