Ángel Arcay Barral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Arcay Barral

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de maio de 1988 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónDirector do Museo das Mariñas
EmpregadorConsellería de Cultura, Educación e Universidade (2014–2015)
Universidade do Porto (2013–2014) Editar o valor em Wikidata

Páxina webarcaybarral.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: angel.arba4 LinkedIn: angelarcaybarral Dialnet: 3705227 Editar o valor em Wikidata

Ángel Arcay Barral, nado en Betanzos o 13 de maio de 1988, é un historiador galego. É director da Biblioteca e o Arquivo Municipal de Betanzos e do Museo das Mariñas, en Betanzos dende xullo do 2022.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Historia na Universidade de Santiago e especializouse en Arquivística na Universidade do Porto. Traballou en diferentes arquivos galegos e portugueses, labor que compaxinou coa publicación de diferentes artigos de investigación, sendo o coordinador da revista Casa dos Espellos.

Conta tamén coa acreditación de Guía Oficial de Turismo de Galicia, labor que desempeñou traballando como guía de turismo particular ou técnico de turismo de Vimianzo.

Participa da Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo, sendo un dos veciños que solicitou a declaración do xardín coma Ben de Interese Cultural, catalogación que acadou en febreiro do 2020.[1] Forma parte tamén doutros colectivos culturais dende o que desempeñou diferentes investigacións.[2][3][4]

Dende o 2022 dirixe a revista de investigación Anuario Brigantino editada polo Concello de Betanzos.

Obras[editar | editar a fonte]

Coma historiador publicou diferentes traballos en distintas revistas e obras colectivas, primando no seu campo de investigación a historia local. É autor de varios libros, sempre de contido histórico e coordinou obras como o libro de fotografías Octingenti.[5]

  • O Parque do Pasatempo de Betanzos: narrativas para comprender un patrimonio profano (2018).
  • El Parque del Pasatiempo de Betanzos (2021). Con Yosune Duo Suárez e José Souto Santé.
  • Las 1001 recetas del Palacete das Mendoza (2022)[6].
  • Mulleres espontaneadas. Fraxilidade humana e cópula carnal nas comarcas do Eume e Ferrol (XVIII-XIX) (2023). A Coruña: Baía. 68 páxs. ISBN 9788499953847.

Participou doutras obras colectivas como son:

  • Relatorio sobre a protección do Pazo de Lourizán (2017)
  • Octingenti (2019)
  • Morriña de Cuba. A Coruña a través de sus palmeras (2020)
  • El Pasatiempo y otros jardines extraordinarios (2024)
  • La cocina sentimental (2024)

Premios[editar | editar a fonte]

No ano 2018, a súa investigación presentada no IV Congresso Casa Nobre de Arcos de Valdevez o ano anterior, foi premiada co I Premio Masonería Aberta, organizado pola Universidade de Vigo e o IEMGAL. O traballo, titulado "O Parque do Pasatempo de Betanzos: narrativas para comprender un patrimonio profano", supón unha aportación básica para a interpretación do Parque do Pasatempo como un xardín iniciático[7].

No ano 2021 recibiu o VI Premio HUME de investigación en ciencias sociais polo traballo "Mujeres espontáneas: fragilidad y cópula carnal en las comarcas del Eume y Ferrol (XVIII-XIX)", recuperando a memoria de 555 mulleres que ficaron embarazadas fóra do matrimonio, recuperando os seus expedientes do Arquivo Notarial da Coruña[8][9].

No ano 2023, o libro "Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza" recibiu unha mención especial do xurado do XXIX Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro "polo exquisito gusto no tratamento da información e o acompañamento e encuadre histórico das receitas"[10].

Como director da Biblioteca Municipal A. Castelao de Betanzos acadou o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia na edición do 2023 grazas a un proxecto de recuperación de memoria local a través dun club de lectura centrado na historia de Betanzos. Este club, orientado a maiores de 65 en situación de soidade non desexada, procuraba difundir o hábito lector ao tempo que os participantes se mergullaban na historia local por medio de materiais do arquivo, da biblioteca e do Museo das Mariñas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Los vecinos cursan una petición oficial a la Xunta para declarar BIC El Pasatiempo". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2022-10-29. 
  2. Soto, Eloy Martínez; Barral, Ángel Arcay; Fernández, Jorge Barrecheguren; Edreira, Santiago Piñeiro; Vázquez-Rey, Ernesto (2017). Relatorio sobre a protección do Pazo de Lourizán. 
  3. Betanzos (2013-01-03). "La Asociación de Vecinos de la Magdalena narra la historia del barrio". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-10-29. 
  4. proyectopalmera (2020-02-25). "Morriña de Cuba. A Coruña a través de sus palmeras". Morriña De Cuba (en castelán). Consultado o 2022-10-29. 
  5. "Ángel Arcay presenta a obra Octingenti". Casa dos Espellos. 2019-12-22. Consultado o 2022-10-29. 
  6. "Desempolvando en Pontevedra un recetario con más de cien años de historia". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-02-05. Consultado o 2022-10-29. 
  7. "Un traballo sobre o Parque do Pasatempo de Betanzos gaña o I Premio de Investigación e Divulgación Masonería Aberta | Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2022-10-29. 
  8. Lezcano, Arturo (2022-02-15). "¿Quiénes fueron las ‘mujeres espontáneas’?". El País (en castelán). Consultado o 2022-10-29. 
  9. culturagalega.org (2022-01-12). "Ángel Arcay recibe o premio Hume por un estudo que revela a alta porcentaxe de embarazos fóra do matrimonio nos séculos XVIII e XIX". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-10-29. 
  10. Loño, Alfonso (2023-01-24). "Manuel Villanueva gaña o ‘Álvaro Cunqueiro’". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-01-25.