Ángel Aperribay
Ángel Aperribay | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Ángel Aperribay y Pita da Veiga |
Nacemento | 1885 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 15 de outubro de 1945 e 1945 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ángel Aperribay Pita da Veiga, nado na Coruña en 1885 e finado na mesma cidade o 15 de outubro de 1945,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Procedía dunha familia aristocrática orixinaria de Basauri que en 1805 veu a Galicia e ocuparon cargos na Real Audiencia do Reino de Galicia. Exerceu como avogado, dedicándose a recoller documentación da súa familia nas súas terras de Muxía, Laxe, Vimianzo, Ponteceso e Camariñas, papeis doados máis tarde pola súa familia á Xunta de Galicia. Foi presidente da Deputación da Coruña (1930-1931),[2] elixido deputado como independente de dereitas pola provincia da Coruña nas eleccións xerais españolas de 1933, foi tamén presidente da Cociña Económica da Coruña de 1939 a 1943.
Predecesor: Emilio Romay Montoto |
![]() Presidente da deputación da Coruña 1930 - 15 de xullo de 1931 |
Sucesor: Alfredo Somoza |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 16-10-1945, p. 4.
- ↑ Grandío, E. (2004). "Os anos das xestoras. A Deputación da Coruña nos anos da II República". Semata (USC) (15): 459. ISSN 1137-9669.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.