Álvaro Vieira Pinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Álvaro Vieira Pinto
Alvaro Vieira Pinto, sem data.tif
Nacemento11 de novembro de 1909
 Campos dos Goytacazes
Falecemento11 de xuño de 1987
 Río de Xaneiro
NacionalidadeBrasil
Ocupaciónmatemático e filósofo
editar datos en Wikidata ]

Álvaro Vieira Pinto, nado en Campos dos Goytacazes, Estado do Río de Xaneiro, o 11 de novembro de 1909 e finado no Río de Xaneiro no día 11 de xuño de 1987.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Álvaro Vieira Pinto estudou medicina en 1932 pola Facultade Nacional de Medicina do Río de Xaneiro. En 1934 ingresou na Ação Integralista Brasileira (AIB), organización de inspiración fascista liderada por Plínio Salgado. No campo profesional dedicouse á investigación de laboratorio. Paralelamente, completou as carreiras de Física e Matemáticas na Universidade do Distrito Federal (UDF). Alceu Amoroso Lima, entón reitor da UDF, deulle a praza de Lóxica matemática, disciplina por primeira vez impartida no país.

Mais tarde pasou a impartir Lóxica na Facultade Nacional de Filosofia (FNFi) da Universidade Federal do Río de Xaneiro. En 1941 comezou a colaborar na revista Cultura Política, publicación que reuniu ós máis expresivos intelectuais do Estado Novo, asinando a columna "Estudos e pesquisas científicas".

Tras pasar un ano estudando na Sorbona, en Paris, retornou ó Brasil en 1950, asumindo a cátedra de Historia da filosofía da FNFi, disciplina que impartía dende había anos en calidade de profesor asistente. A mediados de 1951 afastouse da investigación médica para se dedicar exclusivamente ó ensino e ó estudo da Filosofía. En 1955, a proposta de Roland Corbisier, accedeu á xefatura do Departamento de Filosofía do novo Instituto Superior de Estudos Brasileiros (ISEB). Dende este cargo publicou a colección "Textos de Filosofia Contemporânea do ISEB" e o ensaio Consciência e realidade nacional, considerada súa obra filosófica máis sólida. En 1962 asumiu a dirección executiva do ISEB.

Co golpe militar que derrubou a Goulart o 31 de marzo de 1964 e a represión desencadeada a continuación, a sede do ISEB foi invadida e o 13 de abril os militares decretaron a disolución do instituto. Álvaro Vieira Pinto refuxiouse no interior de Minas Gerais e despois partiu para o exilio, primeiro en Iugoslavia e despois en Chile, onde traballou como investigador e profesor no Centro Latino-Americano de Demografía, órgano ligado á Organización das Nacións Unidas. En decembro de 1968, pouco antes do endurecemento do réxime militar, volveu ó Brasil. Na década de 1970, traduciu obras de autores consagrados como Arnold Toynbee, Georg Lukács, Noam Chomsky e Claude Lévi-Strauss, asinando con diferentes pseudónimos. En 1982 foi publicado o seu libro Sete lições sobre educação de adultos, orixinalmente notas sobre clases impartidas en Chile en 1966.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Consciência e Realidade Nacional.
  • Ideologia e Desenvolvimento Nacional.
  • Sete lições sobre educação de adultos.
  • O Conceito de Tecnologia (2 Vol.).
  • A Questão da Universidade.
  • Ciência e Existência.
  • A Sociologia dos Países Subdesenvolvidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]