Estefanía de Mónaco: Diferenzas entre revisións
Traducido de es:Estefanía de Mónaco |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 1 de decembro de 2020 ás 19:23
![]() | Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Jglamela (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 3 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
(2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1965 ![]() Palácio do Príncipe de Mônaco, Mónaco (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Monaco-Ville ![]() |
País de nacionalidade | Mónaco ![]() |
Educación | Cours Hattemer Sisters of the Infant Jesus (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Música e modelaxe ![]() |
Ocupación | cantante , modelo , filántropa , política , deseñadora ![]() |
Xénero artístico | Música pop ![]() |
Instrumento | Voz e piano ![]() |
Deporte | Ximnasia hípica ![]() |
Outro![]() | |
Título | Princesa ![]() |
Familia | Dinastía Grimaldi ![]() |
Cónxuxe | Adans Lopez Peres (2003–2004), divorcio Daniel Ducruet (1995–1996), divorcio |
Parella | Jean Raymond Gottlieb (en) ![]() ![]() |
Fillos | Louis Ducruet (pt) ![]() ( ![]() ![]() Paulina Ducruet (pt) ![]() ( ![]() ![]() Camille Gottlieb (pt) ![]() ( ![]() ![]() ![]() |
Pais | Rainerio III de Mónaco ![]() ![]() |
Irmáns | Alberte II de Mónaco e Carolina de Mónaco ![]() |
Parentes | Frank Sinatra (padrinho (pt) ![]() ![]() |
Páxina web | tinyurl.com… ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Stéphanie Marie Élisabeth Grimaldi, nada en Mónaco o 1 de febreiro de 1965, é a filla máis nova dos príncipes Raniero III e Grace de Mónaco. Traballou temporalmente como cantante, deseñadora de traxes de baño, modelo e artista.
Traxectoria
Estefanía naceu en 1965 no Palacio do Príncipe de Mónaco, terceira e último filla do príncipe Raniero III de Mónaco e de Grace Kelly. A súa madriña de bautismo foi a súa curmá Elizabeth Ann de Massy, filla da princesa Antonieta, mentres que o seu tío materno, John Brendan Kelly, Jr. foi o seu padriño. Estefanía recibiu o seu nome en honor á súa antepasada Estefanía de Beauharnais.
Estudou no Dames de Saint-Maur de Mónaco e despois na Dupanloud de París. Rematou o bacharelato en 1982. Durante os seus anos de escola estudou danza clásica e piano, tamén competiu en ximnasia e equitación. Fala fluidamente monegasco, francés, inglés e italiano.
O 13 de setembro de 1982, cando regresaban a Mónaco da súa casa de campo de Rocagel (Francia), ela e a súa nai sufriron un accidente de tráfico. Grace faleceu o día seguinte, mentres que Estefanía sufriu unha ruptura dunha vértebra do pescozo. Aínda que a versión oficial foi que Grace tivo un derrame cerebral mentres conducía, houbo rumores de que era Estefanía, que non asistiu ao funeral da súa nai por estar convalecente, quen conducía o vehículo. Estefanía negouse a falar da morte da súa nai ata 1989, cando deu unha entrevista en que dixo: "Hai moita presión sobre min, porque todo o mundo di que eu conducía o coche, que é a miña culpa, que matei a miña nai... Non é doado cando tes que vivir iso con dezasete anos". A princesa non volveu falar do asunto ata 2002, cando concedeu unha entrevista á revista francesa Paris Match en que dixo: "Non só tiven que pasar polo horrible trauma de perder a miña nai a unha idade temperá, senón estar ao seu lado no momento do accidente. Ninguén pode imaxinar o moito que sufrín e que sigo sufrindo".
Moda
O seu carácter díscolo e difícil, a súa axitada vida sentimental e a súa rechamante imaxe afastárona do prototipo de princesa europea e provocaron o alcume de «a princesa rebelde». Díxose repetidamente que Estefanía non asumía o seu papel dentro da familia principesca, sometido ao protocolo e obrigas sociais, e preferiu dedicarse ao mundo do espectáculo e do deseño.
En 1983, despois de recuperarse do accidente, comenzou un curso de aprendizaxe en Christian Dior, baixo a dirección do xefe de deseño Marc Bohan. O ano seguinte debutou como modelo nunha reportaxe de roupa de alta costura para a revista española ¡Hola!. En 1985 apareceu na revista alemá Vogue e na norteamericana Vanity Fair. Tamén foi imaxe da liña de beleza suíza La Prairie.
En 1986 lanzou a súa primeira liña de traxes de baño con Alix de la Comble, a quen coñecera durante a súa estadía en prácticas en Dior. O desfile de moda para presentar a liña, que se celebrou no Club Sporting de Mónaco e ao que asistiron o príncipe Rainiero III, o príncipe Alberte e a princesa Carolina, foi un acontecemento importante cuberto polos medios de comunicación de todo o mundo. En 1989, Estefanía lanzou o seu propio perfume homónimo.
Carrera musical
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2e/St%C3%A9phanie_van_Monaco_%281986%29.jpg/220px-St%C3%A9phanie_van_Monaco_%281986%29.jpg)
En febreiro de 1986, Estefanía autoproduciu e publicou o seu primeiro sinxelo coa discográfica francesa Carrere, baixo a produción de Yves Roze. A canción "Ouragan" e a súa versión en Inglés "Irresistible" foron éxitos internacionais, vendendo máis de 2 millóns de copias. "Ouragan" é un dos sinxelos máis vendidos en Francia en toda a historia. O álbum completo Besoin, lanzado como Stéphanie nalgúns países, vendeu máis de 1,5 millón de exemplares, con 100 000 só en Francia.
En xaneiro de 1987, Estefanía lanzou o sinxelo "Young Ones Everywhere" en beneficio de UNICEF. O mesmo ano, trasladouse aos Ánxeles para gravar un novo álbum. O álbum Stéphanie, publicado en 1991, tivo unhas vendas decepcionantes e críticas negativas, a pesar da xira promocional que incluíu unha actuación no programa de Oprah Winfrey. Estefanía rematou así a súa carreira musical después de gravar "In the Closet" con Michael Jackson para o seu álbum Dangerous. A canción converteuse nun éxito en todo o mundo e entrou no top ten nos Estados Unidos; porén, Estefanía foi acreditada como "Mystery Girl" e a súa participación na canción non se revelou ata uns anos máis tarde.
Fixo unha breve volta á canción en 2006, cando gravou "L'Or de nos vies", un sinxelo benéfico, xunto coa súa fundación para combater a sida.
Notas
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estefanía de Mónaco ![]() |