Saltar ao contido

Sedoheptulosa 7-fosfato: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 38: Liña 38:
|}
|}


A '''sedoheptulosa 7-fosfato''' <ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=165007 Sedoheptulose 7-phosphate]</ref> ou '''sedoheptulosa-7-fosfato''' é unha molécula do [[monosacárido]] [[sedoheptulosa]] fosforilada no [[carbono]] 7. Trátase dun azucre de sete carbonos ([[heptosa]]), cun grupo [[aldehido]] no carbono 1 (é unha [[aldosa]]) e cun fosfato esterificado no carbono 7. No metabolismo actúa como intermediario da [[ruta da pentosa fosfato]] e nas plantas no [[ciclo de Calvin]] da [[fase escura]] da [[fotosíntese]].
A '''sedoheptulosa 7-fosfato''' <ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=165007 Sedoheptulose 7-phosphate]</ref> <ref>CHEBI [https://www.ebi.ac.uk/chebi/searchId.do?chebiId=15721 sedoheptulose 7-phosphato]</ref> ou '''sedoheptulosa-7-fosfato''' é unha molécula do [[monosacárido]] [[sedoheptulosa]] fosforilada no [[carbono]] 7. Trátase dun azucre de sete carbonos ([[heptosa]]), cun grupo [[aldehido]] no carbono 1 (é unha [[aldosa]]) e cun fosfato esterificado no carbono 7. No metabolismo actúa como intermediario da [[ruta da pentosa fosfato]] e nas plantas no [[ciclo de Calvin]] da [[fase escura]] da [[fotosíntese]].


==Na ruta da pentosa fosfato==
==Na ruta da pentosa fosfato==

Revisión como estaba o 23 de xaneiro de 2012 ás 11:45

Sedoheptulosa 7-fosfato



Nombre IUPAC (2,3,4,5,7-Pentahidroxi-6-oxoheptil)
dihidróxeno fosfato [1]
Outros nomes Sedoheptulosa-7-P
Fórmula empírica C7H15O10P
Masa molecular 290.162 g/mol
Estado físico/Cor
Número CAS 2646-35-7
Propiedades
Densidade
Punto de fusión
Punto de ebulición
Solubilidade en auga

A sedoheptulosa 7-fosfato [2] [3] ou sedoheptulosa-7-fosfato é unha molécula do monosacárido sedoheptulosa fosforilada no carbono 7. Trátase dun azucre de sete carbonos (heptosa), cun grupo aldehido no carbono 1 (é unha aldosa) e cun fosfato esterificado no carbono 7. No metabolismo actúa como intermediario da ruta da pentosa fosfato e nas plantas no ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese.

Na ruta da pentosa fosfato

A sedoheptulosa 7-fosfato intervén na fase non oxidativa da ruta da pentosa fosfato. Orixínase na reacción entre a ribosa 5-fosfato e a xilulosa 5-fosfato catalizada polo encima transcetolase, que dá lugar a sedoheptulosa 7-fosfato e gliceraldehido 3-fosfato.

ribosa 5-fosfato + xilulosa 5-fosfato gliceraldehido 3-fosfato + sedoheptulosa 7-fosfato

Despois o gliceraldehido 3-fosfato e a sedoheptulosa 7-fosfato reaccionan formando frutosa 6-fosfato e eritrosa 4-fosfato, en reacción catalizada pola transaldolase.

ribosa gliceraldehido 3-fosfato + sedoheptulosa 7-fosfato frutosa 6-fosfato + eritrosa 4-fosfato

Na fotosíntese

Na fase rexenerativa do ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese a sedoheptulosa 7-fosfato intervén nas seguintes reaccións:

Orixínase a partir da sedoheptulosa 1,7-difosfato, que perde o fosfato do carbono 1 en reacción catalizada pola sedoheptulosa-1,7-bisfosfatase.

sedoheptulosa 1,7-difosfato sedoheptulosa 7-fosfato + Pi

Despois, a sedoheptulosa 7-fosfato formada reacciona co gliceraldehido nunha reacción similar á da ruta da pentosa fosfato, pero en dirección inversa.

sedoheptulosa 7-fosfato + gliceraldehido 3-fosfato ribosa 5-fosfato + xilulosa 5-fosfato

Notas

  1. ChemSpidefr [1]
  2. PubChem compound Sedoheptulose 7-phosphate
  3. CHEBI sedoheptulose 7-phosphato

Véxase tamén