Yurihonjō
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Yurihonjō na prefectura de Akita | |||
| Localización da prefectura de Akita no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Tōhoku | ||
| Prefectura | Prefectura de Akita | ||
| Superficie | 1.209,08 km2 | ||
| Poboación | 85.920 (2009) | ||
| Densidade | 71,1 h/km² | ||
| Alcalde | Makoto Hasebe | ||
Yurihonjō (由利本荘市, ゆりほんじょうし, Yurihonjō-shi) é un concello da prefectura de Akita no Xapón. Está situado ao suroeste da prefectura e da rexión de Tōhoku, na illa de Honshū. A súa superficie é de 1.209,08 km² e a poboación de 85.920 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 71,1 h/km².
O concello de Yurihonjō limita cos concellos de Akita, de Daisen, de Yokote, de Ugo, de Yuzawa (son da prefectura de Akita); de Yuza, de Sakata e de Mamurogawa (son da prefectura de Yamagata).
Historia [editar]
A cidade de Yurihonjō foi fundada pola fusión do concello de cidade de Honjō e 7 concellos de vila do distrito de Yuri (de Yashima, de Iwaki, de Yuri, de Nishime, de Chōkai, de Higashiyuri e de Ōuchi) no ano 2005.