Xosé Regueira Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Regueira Varela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Carballo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xosé Regueira Varela, nado en Carballo o 4 de agosto de 1967,[1] é un político galego do BNG e actual vicepresidente da Deputación da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do Bloque Nacionalista Galego, entre os anos 1999 e 2007 foi responsábel do partido nacionalista na comarca de Bergantiños, responsabilidade que retomou no ano 2016[2].

Actualmente é concelleiro do BNG en Carballo e concelleiro delegado de promoción económica e turismo. Desde xuño do 2019[3] é vicepresidente da Deputación da Coruña, onde ten a responsabilidade nas materias de cooperación, plans provinciais xerais, turismo e patrimonio histórico e cultural[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O BNG nas Deputacións". Bloque Nacionalista Galego. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2022. Consultado o 11 de agosto do 2022. 
  2. "Xosé Regueira es el nuevo responsable del BNG de Bergantiños". La Voz de Galicia. Consultado o 11 de agosto do 2022. 
  3. "Xosé Regueira, nuevo vicepresidente de la Diputación de A Coruña". La Voz de Galicia. Consultado o 11 de agosto do 2022. 
  4. "Órganos de Goberno da Deputación da Coruña". Deputación da Coruña. Consultado o 11 de agosto do 2022.