Xosé Quintas Canella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Quintas Canella
Biografía
Nacemento1947 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

José Veloso Quintas, nado en Ourense en decembro de 1947, é un músico e cantante galego, máis coñecido co pseudónimo de Xosé Quintas Canella.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1966 comezou a preparar os seus temas con axuda e harmonización do seu amigo Eloy Vázquez, actuando xuntos por aquel entón en diversos locais e emisoras da Coruña. Ampliaron as súas actuacións percorrendo toda Galicia e con posterioridade incorporouse ao grupo Ánxel Barbadillo, seguindo as súas actuacións durante doce anos polo territorio galego, na TVG, no programa Xente de TVE, e como invitados a un festival rexional en Barcelona. Así mesmo, e ante máis de cinco mil persoas, participaron no primeiro festival folk galego que se celebrou no pavillón polideportivo de Santiago de Compostela[1]. O macrofestival gravouse en vídeo e foi enviado a varios centros galegos de fóra do país.

Estilo[editar | editar a fonte]

O seu estilo musical diferenciouse claramente do de Voces Ceibes, xa que se decantaba polas cantigas medievais e galaico-portuguesas, en gran parte pola especialización de Eloy (zanfona, rabel, cítola, laúde, guitarra, contrabaixo, guitarra acústica e percusión) en instrumentos medievais, así como Ánxel Barbadillo (laúde e guitarra). Posteriormente incorporouse de forma eventual ao grupo Ánxel Salgado (guitarra).

No ano 1978 Xosé, Eloy e Ánxel gravaron en Madrid o disco titulado Porque no mundo mengou a verdade coa participación de Bernardo Martínez López nas frautas máis Enrique Fenández Ferreira no cello e percusión. O disco, con deseño de Bernardo e Enrique, inclúe doce pezas co estilo das cantigas medievais e galaico-portuguesas, con temas como "A miña amiga", "Sedíame eu na ermida de San Simón" ou "Ai frores do verde pino".

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 4 de marzo de 1975.