Xosé Manuel Lobato
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1958 (65 anos) Lestedo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Filosofía e Ciencias da Educación, Pedagoxía |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Narrativa |
Lingua | Lingua castelá |
Xosé Manuel Lobato Martínez, nado en Lestedo (Boqueixón) o 27 de novembro de 1958, é un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, licenciado en Pedagoxía e diplomado en Maxisterio. Profesor de matemáticas no IES Félix Muriel de Rianxo e investigador nun equipo da Universidade de Santiago de Compostela, onde desenvolve varias liñas de investigación relacionadas coa educación e a emigración.
Obras en galego[editar | editar a fonte]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Diáspora.com, 2002, Toxosoutos.
- Cos pés na peneira, 2005, Toxosoutos.
- Retorno á Natura, 2009, Alvarellos.
- Máxico tear natural, 2011, Alvarellos.
- Elos de cinza, 2015, Ézaro.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
Obras en castelán[editar | editar a fonte]
- Autoconcepto en hijos de emigrantes, 2001.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xosé Manuel Lobato na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.