Xosé Francisco Ferreiro Abelleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xosé Francisco Ferreiro Abelleira, nado na Coruña o 29 de marzo de 1952, é un político galego do BNG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito e Graduado Social. Iniciou a súa actividade política en Santiago de Compostela coincidindo coa reforma asistencial e laboral no Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, nas loitas deste centro entre 1973 e 1978. Exerceu como profesor de FP en Prácticas Sanitarias e foi ATS no centro de saúde do Irixo. Foi tenente-alcalde do Carballiño. Foi membro do Consello Nacional do BNG e responsable da Comisión de Emigración. Foi elixido deputado por Ourense nas eleccións autonómicas de 2001. Foi Delegado Provincial de Vicepresidencia en Ourense.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]